Ezequiel Fernández Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ezequiel Fernández Miranda
Falecemento31 de maio de 1919
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
FillosEladio Fernández Diéguez
editar datos en Wikidata ]

Ezequiel Fernández Miranda, finado na Coruña o 31 de maio de 1919,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundou con Gonzalo Brañas Sánchez-Boado en 1863 o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador), que tamén dirixiu. Tamén foi director de El Imparcial Coruñés (1886) e El Alcance (1886). O 30 de xuño de 1878 constituíu, xunto con Manuel Bibiano Fernández e Aureliano Pereira a Liga Periodística, que tiña como obxectivo defender os intereses de Galicia e da prensa galega. Foi concelleiro conservador e cónsul de Venezuela na Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai do xornalista e político Eladio Fernández Diéguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-6-1919, p. 3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ezequiel_Fernández_Miranda&oldid=5125031"