Félix Candela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Félix Candela
Nacemento27 de xaneiro de 1910
 Madrid
Falecemento7 de decembro de 1997
 Durham, Carolina do Norte
NacionalidadeEspaña, Estados Unidos de América e México
Educado enUniversidade Politécnica de Madrid e Real Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónarquitecto, enxeñeiro, pintor e catedrático de universidade
Coñecido/a porL'Oceanogràfic e Palacio de los Deportes
PremiosMedalla de Ouro da Arquitectura, doutor honoris causa, doutor honoris causa, Premio Antonio Camuñas de Arquitectura, doutor honoris causa, doutor honoris causa e Auguste Perret Prize
editar datos en Wikidata ]
Restaurante do Oceanográfic de Valencia, España. Obra de Félix Candela.

Félix Candela Outeriño, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1910 e falecido en Durham o 7 de decembro de 1997, foi un arquitecto español, famoso pola creación de estruturas baseadas no uso do paraboloide hiperbólico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1927 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, rematando a carreira 1935. Na súa época de estudante é un destacado deportista, gañando o campionato de esquí en 1932 e de rugby en 1934.[1]

Continuou os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando xunto a Eduardo Robles Piquer e Fernando Ramírez de Dampierre. Daquela coñeceu a Eduardo Torroja e as súas técnicas no uso de cubertas de formigón. Grazas a súa tese doutoral recibiu unha bolsa de estudos da Academia en 1936 para ampliar os estudos en Alemaña, pero non chega a ir polo inicio da Guerra Civil española. Formou parte do Exército Popular Republicano. Tras pasar polo campo de Perpiñán, decidiu exiliarse en México.

En 1941 adquiriu a cidadanía mexicana. En Acapulco comezou a súa carreira como arquitecto co deseño dalgunhas casas e hoteis. En 1950 fundou cos tamén arquitectos Fernando Fernández Rangel e Raúl Fernández Rangel a empresa construtora Cubiertas Ala. En 1953 recibiu unha cátedra na Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Preside entre os anos 1961 e 1962 a Charles Eliot Norton Lectures na Universidade Harvard. En 1971 trasládase ós Estados Unidos, ocupando unha cátedra na Universidade de Illinois en Chicago, ata 1978, ano no que consegue a cidadanía americana.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

  • Hotel e apartamentos en Acapulco, 1940.
  • Comedor e discoteca Mambo no Hotel Casino de la Selva en Cuernavaca, Morelos.
  • Pabellón de los Rayos Cósmicos en México D.F., 1951.
  • Igrexa da Virxe da Medalla Milagrosa en México D.F., 1953.
  • Fábrica Celestino Fernández, Colonia Vallejo, México, 1955.
  • Capela de San Antonio de las Huertas, Tlacopan, México D.F., 1956.
  • Restaurante Los Manantiales en Xochimilco, México D. F. 1957.
  • Igrexa de San José Obrero, Monterrey, 1959.
  • Igrexa de Nosa Señora de Guadalupe en Madrid, 1963.
  • Restaurante do Oceanofráfic de Valencia, 1997.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

  • En defensa del formalismo y otros escritos, Xarait Ediciones, 1985, 172 páxinas, ISBN 84-85434-29-3

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía e obras en.stucturae.de

Véxase tamén=[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Félix_Candela&oldid=4973815"