Familia (socioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Familia norteamericana composta por home, muller e dous fillos
Familia composta por dous homes
Familia das Sulawesi

Unha familia é unha unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela.[1] Segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, é o elemento natural, universal e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

Non hai consenso sobre unha definición universal da familia. É un concepto antropolóxico inferior ao clan, a tribo e a nación; sociolóxico e incluso económico (unidade mínima de empresa). A familia nuclear é o modelo principal de familia e a estrutura máis difundida na actualidade; porén, as formas de vida familiar son moi diversas, dependendo de factores sociais, culturais, económicos e afectivos. A familia, como calquera institución social, tende a adaptarse ao contexto dunha sociedade.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Segundo defende a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, "a familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado". Na maioría dos países a familia goza de personalidade xurídica e crea entre os seus membros obrigas e dereitos de carácter social e material.

Os lazos principais que definen unha familia son de dous tipos: vencellos de afinidade, derivados do establecemento dunha relación sentimental recoñecida socialmente como o matrimonio ou unha unión de feito entre dúas ou máis persoas, e vencellos de consanguinidade, como a filiación entre pais e fillos ou os lazos de que se establecen entre os irmáns que descenden do mesmo pai ou da mesma nai. Tamén pódese diferenciar a familia segundo o grao de parentesco entre os seus membros.

Orixe[editar | editar a fonte]

Segundo expón Claude Lévi-Strauss, a familia ten a súa orixe no matrimonio, consta de marido, muller e fillos nacidos da súa unión e os seus membros mantéñense unidos por lazos legais, económicos e relixiosos. Dentro desta visión, historicamente unha das principais funcións da familia foi regular a procreación[3][4]. Para os meniños a familia adoita ser a referencia primeira na súa socialización e integración cultural[5]. Ademais a orde social establece unha rede de prohibicións e privilexios sexuais ligados á familia e unha cantidade variable e diversificada de lazos psicoafectivos como amor, afecto, respecto, temor etc.

En oposición a este enfoque, Radhika Coomaraswamy defenden que "non se debería definir a familia mediante unha construción formalista, nuclear, a de marido, muller e fillos. A familia é o lugar onde as persoas aprenden a coidar e a seren coidadas, a confiar e a que se confíe nelas, a nutrir a outras persoas e a nutrirse nelas".

Tipos de familias[editar | editar a fonte]

As familias poden estar clasificadas nos seguintes tipos:

  • Familia nuclear: formada polos proxenitores e un ou máis fillos.
  • Familia extensa: avós, tíos, curmáns e outros parentes consanguíneos ou afíns.
  • Familia monoparental: en que o fillo ou fillos contan cun só proxenitor.
  • Familia ensamblada, reconstituída o mixta: en que un ou ambos os membros da parella teñen un ou varios fillos de unións anteriores.
  • Familia homoparental: aquela onde unha parella de homes ou de mulleres se converten en proxenitores.
  • Familia de pais separados: en que o fillo ou fillos conviven cun só proxenitor, xa que os proxenitores se negan a vivir xuntos; non son parella mais deben seguir cumprindo o seu rol de pais ou nais antes a súa descendencia, por moi afastada que esta estea.
  • Familia sen fillos por escolla: en que os membros da familia toman a decisión de non teren descendentes.
  • Familia por convenio: Familia que se conforma por unha alianza de diñeiro ou por convenio.

Crítica[editar | editar a fonte]

Algúns científicos sociais defenderon a abolición da familia. Un opoñente inicial da familia era Sócrates, cunha posición que foi esbozada por Platón en na República.[6] No Libro 5 desta obra Sócrates dille aos seus interlocutores que unha cidade xusta é aquela en que os cidadáns non teñen lazos familiares.[7][8]

Ao ser a familia unha institución moi arraigada e venerada, poucos intelectuais se aventuraron a falar contra ela. O familiarismo foi atipicamente definido como unha "estrutura social onde... os valores dunha familia se levan a cabo en máis alta estima que os valores dos membros individuais da familia."[9] O favoritismo ou preferencia que teñen funcionarios públicos para dar empregos a familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocuparen o cargo, senón a súa lealdade ou alianza chámase nepotismo.[10]

A filósofa individualista ruso-estadounidense Ayn Rand comparou a parcialidade cara á consanguinidade co racismo, como unha manifestación de pequena escala deste último.[11] "A adoración da familia é simplemente racismo, como unha cruamente primitiva primeira base para a adoración da tribo. Coloca o accidente do nacemento por riba dos valores dunha persoa e o deber á tribo sobre o dereito dunha persoa á súa propia vida".[12] Ademais, manifestouse a favor dun childfree lifestyle ("estilo de vida sen fillos"), seguíndoo ela mesma.[11]

O xornalista estadounidense Marty Nemko considera que a familia está sobrevalorada. "Os políticos, clérigos, e só xente sinxela enxalzan a familia como a institución máis importante. / Creo que a familia está sobrevalorada. Moitas persoas sofren excesivamente dende a familia... / Millóns de persoas nin sequera falan cun membro da familia. Millóns máis gastan anos e fortunas en terapeutas, tratando de desfacer os males que a familia perpetrou neles. / Todo isto non debería sorprender. Despois de todo, a diferenza de cos amigos, somos postos na nosa familia de orixe de forma aleatoria, sen voz no asunto".[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario de galego editorial Ir Indo.
  2. Valdivia Sánchez, Carmen (2008). "La familia: concepto, cambios y nuevos modelos" (PDF). La Revue du REDIF, vol. 1 pp. 15-22 (en español). 
  3. Schneider, David (1984). A Critique of the Study of Kinship. Ann Arbor: University of Michigan Press, p. 182
  4. Deleuze-Guattari (1972). Part 2, ch. 3, p. 80
  5. John Russon (2003). Human Experience: Philosophy, Neurosis, and the Elements of Everyday Life, Albany: State University of New York Press, pp. 61-68.
  6. Abolition of the Family for the Guardians and the Use of War (457b-471c)
  7. SparkNotes: The Republic: Book V
  8. LitCharts | The Republic: Book 5 Summary, Analysis & Themes
  9. "Your Dictionary (the Dictionary You Can Understand)". Dictionary definitions. familialism.
  10. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepotismo.
  11. 11,011,1 Heller, Anne C. (2009). Ayn Rand and the World She Made. Nova York: Doubleday. pp. 320–321. ISBN 978-0-385-51399-9. OCLC 2290274371.  Afirmado nunha das conferencias que deu Ayn Rand.
  12. Afirmado nunha das conferencias públicas que deu Ayn Rand.
  13. Nemko, Marty. "Family is Overrated. 12 de setembro de 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bel Bravo, María Antonia (2000). La familia en la historia. Encuentro. ISBN 9788474905700. 
  • Becker, Gary S. (2009). A Treatise on the Family. Harvard University Press. ISBN 9780674020665. 
  • Calò, Emanuele (2009). Matrimonio à la carte: Matrimoni, convivenze registrate e divorzi dopo l'intervento comunitario. Milán: Giuffrè. 
  • Carta de los derechos de la familia. Santa Sede. 1983. 
  • Declaración de Ámsterdam. V Congreso Mundial de Familias. 12 de agosto de 2009. 
  • Del Fresno García, Miguel (2011). Retos para la intervención social con las familias en el siglo XXI. Trotta. ISBN 978-84-9879-184-6. 
  • Del Fresno García, Miguel (2011). Familia y crisis del matrimonio en España. Poznań: Studia Europaea Gnesnensia. Instytut Kultury Europejskiej. Uniwersytet im Adama Mickiewicza. ISSN 1233-8672. 
  • Del Fresno García, Miguel (2013). Trabajo social con familias los estilos familiares como indicadores de riesgo. Una investigación etnográfica. Portularia. Revista de Trabajo Social. ISSN 1578-0236. 
  • Estrada, L. (2003). El ciclo vital de la familia. México: Grijalbo. 
  • Gough, K.; Lévi-Strauss, C.; Spiro, M. E. (1974). "Los nayar y la definición del matrimonio. El origen de la familia". Polémica sobre el origen y la universalidad de la familia. Barcelona: Anagrama. 
  • Instituto Juan Pablo II para la Familia (2002). Memorias del 3er Congreso Nacional de la Familia. México: Ediciones Castillo. 
  • Lucas, R. (1999). El hombre, espíritu encarnado. Ediciones Sígueme. 
  • Martín López, Enrique (2000). Familia y sociedad. Ediciones Rialp. ISBN 9788432132797. 
  • Organización Mundial de la Familia (1988). Vuelve la Familia. Congreso Internacional de la Familia. Encuentro. ISBN 9788474902105. 
  • Papalia, D. (2004). Desarrollo humano. México: Mc Graw Hill. 
  • Ramírez, Aline. Tesis: La comunicación interpersonal como un elemento de funcionalidad en el noviazgo. México: Instituto Superior de Estudios para la Familia. 
  • Sgreccia, E. (1996). Manual de bioética. México: Diana. 
  • Vázquez de Prada, Mercedes (2008). Historia de la familia contemporánea. Rialp. ISBN 9788432137075. 
  • Wojtyla, K. (1969). Amor y responsabilidad. Madrid: Razón y Fe. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Familia_(socioloxía)&oldid=4751926"