Fariña (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Fariña
Título orixinal Fariña, Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia
Autor/a Nacho Carretero Pou
Cuberta Artur Galocha
Orixe Galicia Galicia
Lingua Castelán
Tema(s) Narcotráfico en Galicia
Xénero(s) Narrativa
Editorial Libros del K.O.
Data de pub. 17 de setembro de 2015 (3 anos)
Formato Tapa branda con lapelas e faixa
Páxinas 368
ISBN ISBN 978-84-16001-46-0
Tradución Xosé Manuel Moo (Ed. Xerais)
Rías Baixas.

Fariña é un libro escrito polo xornalista Nacho Carretero, publicado en setembro de 2015 pola editorial Libros del K.O. Até marzo de 2018 vendera 30 000 exemplares en 10 edicións. Nese mes ordenouse o cesamento da súa comercialización. A partir do libro fíxose unha serie de televisión tamén co nome de Fariña. Foi traducido ao galego e ao portugués.

Descrición[editar | editar a fonte]

Fariña é o nome co que se coñece coloquialmente á cocaína e por extensión tódalas drogas en po en Galiza. O libro está estruturado en doce capítulos, e narra o narcotráfico en Galiza, desde os comezos do contrabando na costa da Morte e A Raia até a actualidade, con especial atención á década de 1980, cando do contrabando de tabaco se pasou ao tráfico de haxix e cocaína nas rías Baixas.

Causas legais[editar | editar a fonte]

O ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciou en xaneiro de 2016 o autor e a editorial acusándoos de inxurias e calumnias, e pediu a aplicación do artigo 738.1 da Lei de Enxuizamento Civil. A xuíz Alejandra Fontana do xulgado de instrución número 7 de Collado Villalba ordenou o 5 de marzo de 2018 o secuestro do libro Fariña, tamén en soporte dixital, despois de facer un depósito de 10 mil euros o demandante.[1] O ex-alcalde do Grove aparece citado en tres liñas do libro. O 22 de xuño de 2018 a Audiencia Provincial de Madrid levantou o secuestro do libro[2]. En xullo foi rexeitada a acusación, e Bea Gondar foi condenado a pagar os custos do xuízo.[3]

Entrementres, o Gremio de Librerías de Madrid puxo unha ferramenta dixital que permitía ler Fariña a través da obra Don Quixote, mais o 23 de marzo o xulgado 7 de Collado-Villalba ordenou o peche da páxina web.[4]

Edicións[editar | editar a fonte]

O libro foi editado en capa branda con lapelas, cunha faixa despregable con mapas, diagramas e citas. A portada, deseñada por Artur Galocha, representa un fardo de cocaína aberto[5]. Ao final do texto inclúe mapas coa distribución dos clans, un índice onomástico de persoas, clans e operacións, bibliografía e agradecementos. No inicio inclúe unha cita de Dwight D. Eisenhower sobre a liberación de Auschwitz:

Graven todo. Nalgún momento algún bastardo levantarase e dirá que isto nunca sucedeu.

A obra foi traducida ao galego por Xosé Manuel Moó Pedrosa, e publicada por Edicións Xerais de Galicia. Na portada emprega a imaxe dos personaxes da serie de televisión, cunha foto de Jaime Olmedo.[6] Non obstante, a edición non chegou a ser distribuída ata finais de xuño, cando Xerais anunciou a posta á venda da edición en galego despois da autorización xudicial.[7] O texto foi tamén traducido ao portugués e publicado pola editorial Desassossego en xuño de 2018[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fariña_(libro)&oldid=4810515"