Faros das Cíes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vista arredada do monte do Faro cos característicos cantís de granito

Os faros das Illas Cíes son o conxunto de faros que se atopan no arquipélago das Illas Cíes, na entrada da ría de Vigo, pertencentes ao concello de Vigo.

Faro do monte Faro, vista achegada

Hai cinco faros nas illas:

  • Faro do Monte do Faro, na Illa do Medio (ou do Faro), o principal faro do arquipélago.
  • Faro da Porta, na Illa do Medio (ou do Faro).
  • Faro do Peito ou do Monte Agudo, na Illa do Monte Agudo.
  • Faro de Bicos, na Illa de San Martiño.
  • Faro de Boeiro, no Illote Boeiro.
Faro da Porta

Monte do Faro[editar | editar a fonte]

Atópase no coto da Illa do Medio tamén chamada do Faro por mor desta construción, nunha altura de 178 m sobre o nivel do mar. A data do comezo das obras foi en 1851, rematando en 1853. A obra é sinxela, de planta circular e muros de perpiaño de granito de 13 metros de altura coroado con dous balcóns e maila lanterna. Até os anos 60 do pasado século nunha casa par do faro moraba unha familia de fareiros, que tamén eran os mestres da escola da illa, polo que os rapaces tiñan que subir até o faro para asistir á clase. A vivenda hoxe xa non existe e o faro está automatizado, acadando as 22 millas de alumeado.

Faro do Peito

Salienta o camiño de acceso até o faro, unha estrada en zigzag que rube pola aba do crebado outeiro con muros de contención de cachotaría de granito. O faro é hoxe en día o punto final da ruta de sendeirismo máis popular das Illas, cun bo desnivel. Dende o cumio pódese gozar dunha espectacular vista dos cantís, da Illa de San Martiño, a ría e do océano.

Faro da Porta[editar | editar a fonte]

Tamén coñecido coma faro de Punta Canabal, atópase tamén na Illa do Medio, máis embaixo ca o do Monte Faro, a 63 m. sobre o nivel do mar, e de dimensións máis discretas (é en realidade unha baliza). Construíuse en 1918 e hoxe en día funciona con enerxía solar grazas a paneis solares. O seu alcance é de 18 millas.

Faro do Peito[editar | editar a fonte]

Áchase na illa norte coñecida coma Illa do Monte Agudo, por este motivo tamén se lle coñece co nome de faro do Monte Agudo. É en realidade unha pequena baliza construída en 1904, que serve para marcar a entrada á ría de Vigo xunto co faro de Cabo Home, no Hío. Áchase a 24 metros sobre o nivel do mar e acada as 18 millas de alumeado. Ao igual que o anterior é automático e se carga con placas solares.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Faro da Porta dende lonxe. 
Solpor coa silueta do monte Faro. 
Subida en ramplas ao monte Faro. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Faros_das_Cíes&oldid=4702248"