Faustino Domínguez Coumes-Gay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Faustino Domínguez Coumes-Gay
Faustino Domínguez Coumes-Gay.jpg
Nacemento31 de agosto de 1845
 A Coruña
Falecemento17 de xullo de 1900
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Faustino Domínguez Coumes-Gay, nado na Coruña o 31 de agosto de 1845 e finado na mesma cidade o 17 de xullo de 1900 foi un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez e de María Luisa Coumes-Gay, en 1860 ingresou na escola de Arquitectura de Madrid. Entre 1868 e 1870 foi arquitecto municipal de Ferrol, antes de volver a Madrid.

En 1879 volveu definitivamente a Galicia, ocupando o posto de arquitecto municipal de Compostela (1879-1887) e provincial da Coruña. En 1890 substituíu o seu pai como presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.

Obras[editar | editar a fonte]

A súa obra responde aos estilos historicista e ecléctico. Destacan o instituto[1] e as Escolas da Guarda (1891), a reconstrución do Teatro Rosalía de Castro, as casas de esquina que creou na Coruña, Compostela e Ferrol, e o mercado municipal de Padrón.

Deseñou tamén a fachada que durante cen anos se empregou nos fogos do Apóstolo e a igrexa de Santo André da Coruña (1890), considerado o mellor templo neorrománico de Galicia.[2]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  2. Navascués Palacio, Pedro; Gutiérrez Robledo, José Luis (setembro de 1990). Medievalismo y neomedievalismo en la arquitectura española. Ávila: Universidad de Salamanca. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Faustino_Domínguez_Coumes-Gay&oldid=5228878"