Faustino Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Faustino Rey Romero")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Faustino Rey
Nacemento 27 de outubro de 1921
  Rianxo
Falecemento 20 de decembro de 1971
  Buenos Aires
Nacionalidade España
Ocupación sacerdote
editar datos en Wikidata ]

Faustino Rey Romero, nado en Isorna (Rianxo) o 27 de outubro de 1921 e finado en Bos Aires o 20 de decembro de 1971, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Latín e Humanidades no convento de Herbón e seguiu a carreira eclesiástica no Seminario en Ourense e Tui. Ordenouse sacerdote en 1948 e licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Salamanca. Foi párroco en dúas freguesías do Baixo Miño (unha delas Amorín). Problemas co bispado pola súa conduta antifranquista e crítica co celibato sacerdotal e a hipocrisía do clero levárono a trasladarse de volta á súa parroquia natal.

Fundou en Catoira o Ateneo Viquingo e foi precursor da coñecida Romaría Viquinga. En 1966 viuse obrigado a exiliarse a Bos Aires, onde exerceu na parroquia de Balbanera, e onde morreu.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Teoría general de la existencia, 1968.
  • El trasmundo en la poesía de Noriega Varela.
  • Una fiesta brillante de las letras gallegas: los Juegos Florales de Tui en 1891.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Florilegio poético, 1949.
  • Doas de vidro, 1951.
  • Catro sonetos ó destino dunha rosa, 1952.
  • Escolanía de merlos, 1959.
  • Poema das materias sagras, 1960.
  • La angustia ensanchada, 1964.

A poesía de Rey Romero ten unha especial tenrura franciscana. Do seu libro Poema das materias sagras di Méndez Ferrín:

... semella próximo á poesía católica de Paul Claudel e presenta unha excelente tersura formal e unha ousadía, por veces grande, na creación de imaxes e relacións culturais.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O concello de Rianxo convoca dende 1998 o Premio Faustino Rey Romero na súa honra. Nos arredores da Casa da República (Isorna, Rianxo) erixiuse un monólito no seu recoñecemento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Faustino_Rey&oldid=4682564"