Fausto (Goethe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Fausto
Goethe Faust I 1808.jpg
Portada da súa primeira edición
Título orixinal Faust
Autor/a Johann Wolfgang von Goethe
Orixe Alemaña
Lingua Alemán
Xénero(s) Teatro, Poesía
Data de pub. 1808, 1832
Tradución Francisco Manuel Mariño, Sabine Geck / Lois Tobío

Fausto (en alemán, Faust) é un poema dramático de Johann Wolfgang von Goethe, publicado por primeira vez en dúas partes: en 1808 a primeira parte, Faust: der Tragödie erster Teil (Fausto: Primeira parte da traxedia) e en 1832 a segunda parte Faust: der Tragödie zweiter Teil (Fausto: Segunda parte da traxedia). Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea.

Goethe terminou de escribir a Segunda parte de Fausto en 1832, o ano da súa morte. A diferenza da Primeira parte, o foco da acción xa non está centrado na alma de Fausto, que foi vendida ao diaño, senón máis ben en fenómenos sociais como a psicoloxía, a historia e a política. A segunda parte constituíu a principal ocupación de Goethe nos seus últimos anos e apareceu só póstumamente en 1832.

En 2016 existían dúas traducións ao galego. Unha delas a de Lois Tobío[1], distinguida co premio Plácido Castro de tradución[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fausto, pdf da obra en galego.
  2. O Plácido Castro premia dúas obras de traducción, nova en La Voz de Galicia o 26 de xaneiro de 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fausto_(Goethe)&oldid=4735182"