Federación Galega de Atletismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′30″N 8°24′50″O / 43.34167, -8.41389

Federación Galega de Atletismo
Afiliada á Real Federación Española de Atletismo (RFEA)
Logotipo
PresidenteIsidoro Hornillos Baz
Sitio webhttps://atletismo.gal/

A Federación Galega de Atletismo (FGA) é o organismo reitor do atletismo en Galicia. A FGA ordena, dirixe e planifica as actividades do atletismo galego. Dirixe tamén á selección galega de atletismo.

É unha entidade asociativa privada carente de ánimo de lucro, que ten por obxecto, mediante a integración de aletas, adestradores, técnicos, xuíces, clubs e outros colectivos interesados e estatutariamente establecidos que se dediquen á práctica do atletismo, o fomento, o desenvolvemento e a organización con carácter exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia, onde ostenta, tamén con carácter exclusivo, a representación da Real Federación Española de Atletismo e que, ademais das atribucións de seu exerce, por delegación, funcións públicas de carácter administrativo.

Organiza anualmente o Campionato Galego de Clubes.

Ten a súa sede na cidade da Coruña, no Complexo Deportivo de Elviña, na Avenida de Glasgow, 13 (Salas 15, 16 e 17), no barrio do Birloque. A FGA ten delegacións na propia cidade coruñesa e nas localidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e O Barco de Valdeorras.

Historia[editar | editar a fonte]

A Federación Galega de Atletismo constituíuse o día 27 de marzo de 1921,[1]

En 1933 a FGA foi disolvida, reconsituíndose en 1934. No ano 1958 prodúcese a súa división en Federacións Provinciais, que volven a integrarse na Federación Galega en 1984.

O seu presidente actual é Isidoro Hornillos Baz, quen ocupa o cargo desde o ano 2006.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Facsímile da Acta de Constitución. Consultada o 6 setembro de 2018.
  2. Isidoro Hornillos será candidato a la Federación Española de Atletismo. La Voz de Galicia, 12-05-2015. Consultada o 6 de setembro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federación_Galega_de_Atletismo&oldid=5270129"