Federico Guillerme I de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico Guillerme I de Prusia
Antoine pesne friedrich wil.jpg
Nacemento14 de agosto de 1688 e 15 de agosto de 1688
 Berlín
Falecemento31 de maio de 1740
 City Palace
SoterradoChurch of Peace, Garrison Church, St. Elisabeth's Church e Burg Hohenzollern
NacionalidadeReino de Prusia
RelixiónCalvinismo
Ocupaciónmonarca
PaiFrederico I da Prússia
NaiSofia Carlota de Hanôver
CónxuxeSofia Doroteia de Hanôver
FillosFilipina Carlota da Prússia, Sofia Doroteia da Prússia, Luísa Ulrica da Prússia, Augusto Guilherme da Prússia, Ana Amália da Prússia, Henrique da Prússia, Augusto Fernando da Prússia, Frederica Luísa da Prússia, Federico II de Prusia e Guilhermina da Prússia (1709–1758)
IrmánsLuísa Doroteia da Prússia
PremiosOrde da Aguia Negra
Friedrich Wilhelm I. (Preußen) signature.JPG
editar datos en Wikidata ]
Federico Guillerme I

Federico Guillerme I, nado en Berlín o 14 de agosto de 1688, finado en Potsdam o 31 de maio de 1740, foi rei de Prusia entre 1713 e 1740.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Federico I, a quen sucedeu en 1713. Rapidamente, estivo envolto na disputa con Suecia polo territorio de Pomerania, parte do cal foi entregado mediante o Tratado de Estocolmo en 1720. Esta foi a única guerra que emprendería no seu reinado todo. Aceptou a Pragmática Sanción de 1713, pola que María Teresa I recibía os dominios austríacos dos Habsburgo e declaraba indivisibles os territorios da Casa de Austria. Non obstante, non logrou a reivindicación dos ducados de Jülich e Berg.

O principal problema ao que se enfrontou a súa administración, foi a dispersión xeográfica dos seus territorios.

A diferenza de seu pai, instaurou unha corte austera e eficaz, centralizando a administración financeira. Desta maneira logrou mellorar a situación financeira de Prusia. Fortaleceu a industria e ordenou a colonización de zonas deshabitadas. Implantou a obrigatoriedade da ensinanza, creando tamén escolas.

En 1723 fundou o Directorio Xeral Supremo de Finanzas, da Guerra e dos Territorios, composto por cinco ministros e vinte conselleiros que actuaba baixo a súa propia supervisión. Creou o Departamento de Exteriores (1728), que dirixe a diplomacia orientada cara a amizade con Austria e a un distanciamento con Francia e Inglaterra.

Militarización do Estado[editar | editar a fonte]

Federico sempre vestía uniforme militar e dedicou gran parte dos seus recursos para o exército. A creación da Garda de Potsdam foi o seu maior logro nesta área. Para esta recrutou (incluso secuestrou) soldados de gran estatura, procedentes de todas partes de Europa. Pedro o Grande de Rusia envioulle 55 soldados da súa garda, cuxa estatura mínima era de 1.85 m, en agradecemento pola Cámara de Ámbar que Federico le regalara. O número de efectivos dobrouse de 40.000 a uns 80.000.

Sucesión[editar | editar a fonte]

A preparación do fillo de Federico para sucedelo no trono está rodeada dun dramatismo particular. Creceu baixo a influencia de súa nai, Sofía Dorotea de Hannover (irmá de Xurxo II), quen lle procurou unha educación de estilo francés, contraria á disciplina militar que Federico desexaba para el, o que produciu unha relación pai-fillo conflitiva, a piques de privalo temporalmente da súa categoría de Príncipe Herdeiro tras un intento de fuxida a Inglaterra, acontecemento polo que se condenou a morte o cómplice do rapaz, o tenente Katte.

Federico Guillerme morreu en Potsdam en 1740 e finalmente seu fillo substituíuno baixo o nome de Federico II de Prusia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía de Federico Guillerme I (en inglés)

Predecesor:
Federico I
Rei de Prusia
17131740
Prussiaflag small.jpg
Sucesor:
Federico II
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federico_Guillerme_I_de_Prusia&oldid=4742755"