Federico III de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico III de Alemaña
Emperador de Alemaña, Rei de Prusia
FriedIII.jpg

Reinado9 de marzo de 1888 - 15 de xuño de 1888
Nacemento18 de outubro de 1831
Potsdam, Prusia Alemaña
Falecemento15 de xuño de 1888
Potsdam, Imperio alemán Alemaña
PredecesorGuillerme I
SucesorGuillerme II
ConsorteVitoria de Saxonia
Descendencia
    • Guillerme II
    • Princesa Carlota
    • Príncipe Henrique
    • Príncipe Sexismundo
    • Princesa Vitoria
    • Príncipe Waldemar
    • Princesa Sofía
    • Princesa Margarita
  • ProxenitoresGuillerme I
    Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach

    Federico III de Hohenzollern, nado en Potsdam o 18 de outubro de 1831 e finado o 15 de xuño de 1888, foi o emperador de Alemaña (káiser) e rei de Prusia, durante 1888 (9 de marzo-15 de xuño).

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Era fillo do príncipe Guillerme de Prusia e de Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach (o seu pai era irmán do rei Federico Guillerme IV de Prusia).

    En 1858 casou con Vitoria, princesa do Reino Unido, filla da raíña Vitoria de Gran Bretaña e Irlanda e Alberte de Saxonia-Coburgo-Hannover, coa que tivo oito fillos:

    • Guillerme II (1859-1941), rei de Prusia, emperador de Alemaña.
    • Carlota de Prusia (1860-1919), casada con Bernardo III de Saxonia-Hildburghausen (1851-1928).
    • Henrique de Prusia (1862-1929), casado con Irene de Hesse (1866-1953).
    • Sexismundo de Prusia (1864-1866).
    • Vitoria de Prusia (1866-1929), casada con Adolfo von Schauburg-Lippe (?1916). Viúva, casou con Alexandre Zoubkoff (1901-1936).
    • Waldemar de Prusia (1868-1879).
    • Sofía de Prusia (1870-1932), casada con Constantino I de Grecia (1868-1940).
    • Margarita de Prusia (1872-1954), casada co landgrave Federico de Hesse (1868-1940).

    Cando o seu pai converteuse en rei de Prusia, desde 1861 foi príncipe herdeiro da coroa. Participou como oficial de Prusia na Guerra austro-prusiana en 1866 e, en 1870, na Guerra franco-prusiana.

    Con posterioridade á unificación alemá (a partir de 1871), Federico, de ideas liberais e influído pola súa esposa, tivo diferenzas políticas co conservador chanceler Bismarck, pero se mantivo á marxe do poder político durante a vida do seu pai. Falecido Guillerme I o 9 de marzo de 1888, Federico só puido reinar 99 días por padecer un cancro de larinxe, chegando a perder o fala tras unha operación. Sucedeulle á súa morte o seu fillo Guillerme II.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federico_III_de_Alemaña&oldid=4530465"