Federico III de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico III de Sicilia
Rei de Sicilia
Pierreale 1360.jpg
Reais de Federico III, 1360.

Reinado1355 - 1377
Outros títulosDuque de Atenas
Duque de Neopatria
Nacemento1 de setembro de 1341
Catania
Falecemento27 de xaneiro de 1377
Messina
Cónxuxe/sConstanza de Aragón
Antonia del Balzo
DescendenciaMaría de Sicilia
Casa realCasa de Aragón
ProxenitoresPedro II de Sicilia
Isabel de Carintia

Escudo de Federico III de Sicilia

Federico III de Sicilia, nado o 1 de setembro de 1341 e finado o 27 de xaneiro de 1377, alcumado como o Sixelo ou o Simple, foi Rei de Sicilia desde 1355 até 1377 (desde 1372, rei de Tricarnia), e duque de Atenas e de Neopatria desde 1355 até a súa morte.

Adoita confundirse co seu antepasado Federico II, que escolleu chamarse Federico III por ser o terceiro fillo de Pedro III de Aragón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo fillo de Pedro II de Sicilia e Isabel de Carintia.[1][2][3] Sucedeu ao seu irmán Luís no trono do reino aos 14 anos, baixo a rexencia da súa irmá Eufemia, que se mantivo até 1357,[4] nun contexto de loitas polo poder no que a Aragón e Nápoles disputábanse o reino e alentaban as loitas internas entre os Alagón e os Claramonte.[5]

Os inicios do seu reinado de están chenos de guerras repetitivas contra os napolitanos. En 1356, Xoana I de Nápoles fíxose co control de Mesina e de Palermo, entre outras prazas, o que levou a Federico III a aliarse con Aragón mediante a súa voda coa filla de Pedro o Cerimonioso, que tiña claras ambicións sobre o reino en virtude do seu casamento con Leonor de Sicilia[6] e que accedeu a prestarlle axuda militar, coa cal puido facer fronte ás disensións internas e conter o avance napolitano.

En 1372 chegouse a un acordo de paz con Nápoles e a Santa Sede. Federico III recoñeceuse feudatario e triburario de Nápoles, e deu a Xoana o título de raíña de Sicilia, aínda que el gobernaría o territorio como rei de Tricarnia, un acordo que o papa Gregorio IX sancionou.[7]

Foi un rei trobador, do que se conserva unicamente un sirventés.[8]

Matrimonio de descendencia[editar | editar a fonte]

Federico III casou con Constanza de Aragón, filla de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso. Do seu matrimonio naceu unna única filla, María, que casaría co heredeiro ao trono aragonés, Martiño o Mozo. Tras enviuvar, casou en segundas nupcias con Antonia del Balzo, pero non tivo descendencia e aos dous anos a súa esposa faleceu.

Atribúenselle dous fillos ilexítimos, dunha amante descoñecida.[2]

  • Guillerme, que ostentaría o Condado de Malta entre 1375 e 1377.[1]
  • Xoana.
Predecesor:
Luís de Sicilia

Rei de Sicilia

1355-1377
thum
Sucesor:
María de Sicilia
Predecesor:
Federico I de Atenas
Duque de Atenas
1355-1377
Sucesor:
María de Sicilia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Reis de Sicilia en Medieval Lands (en inglés).
  2. 2,02,1 Casa de Barcellona- genealogy Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés).
  3. Petro II de Sicilia - genealogie mittelalter Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en alemán)
  4. Sologenealogia.com - Principessa di Sicilia Eufemia.
  5. Google Books. esRevista de España. Volumen 12 (1870) VVAA - Páx. 263.
  6. Google Books.es Revista de España. Volumen 12 (1870) VVAA - Páx. 264.
  7. Books.google.es Compendio cronológico de los soberanos de Europa, Primera parte (1784) Antoni de Capmany - Páx.196.
  8. Frederic III de Sicile en Corpus des Troubadours (en francés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caggese, Romolo (1999): "Italia, 1313-1414", en Storia del mondo medievale', Vol. VI, pp. 297–331.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federico_III_de_Sicilia&oldid=4895812"