Felicísimo Pérez Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Felicísimo Pérez Ortega
Nacemento 24 de novembro de 1910
  A Gudiña
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Felicísimo Pérez Ortega, nado na Gudiña o 24 de novembro de 1910, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado alcalde da Gudiña en abril de 1936. Xunto con algúns carabineiros e os obreiros do ferrocarril, conseguiu retardar por uns días o triunfo da sublevación do 18 de xullo de 1936 na zona das Frieiras. Fuxiu a Portugal, colleu un barco e chegou a Marsella e de alí pasouse ao exército republicano onde combateu na Guerra Civil. A súa familia foi sometida a un proceso de expropiación e espoliación. Ao rematar a guerra pasou a Francia e exiliouse en Chile. Despois instalouse na Arxentina.


Predecesor:
?
 A Gudiña.svg
Alcalde da Gudiña
 
1936
Sucesor:
?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Felicísimo_Pérez_Ortega&oldid=4915760"