Felipe Amoedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Felipe Amoedo
Felipe Amoedo.JPG
Nacemento1 de maio de 1828
 Buenos Aires
Falecemento6 de xaneiro de 1900
 Remedios de Escalada Calle Manuel Castro
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónfarmacéutico
Firma de Felipe Amoedo Canaveri.jpg
editar datos en Wikidata ]

Felipe Amoedo, nado en 1828 e finado en 1900, foi un político arxentino que serviu como xuíz de paz, presidente do concello[1] e intendente de Quilmes (provincia de Buenos Aires).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Felipe naceu en Buenos Aires, o oitavo fillo de Hilario Amoedo Garazatúa (boticario nado en Galicia) e Juana Josefa Canaveris Esparza, que pertencía a unha distinguida familia crioula de ascendencia italiana.

Despois de recibir o seu título de farmacéutico na Universidade de Buenos Aires, Felipe abriu a súa propia farmacia na rúa Buen Orden (Bernardo de Irigoyen), en Monserrat.[3] En 1874, asentouse na vila de Quilmes, onde ocupou diferentes posicións políticas no concello.[4]

Casou con Eduarda Dupuy Morel, filla de José María Dupuy, asasinada pola Mazorca, e con Indalecia Morel, irmá do pintor Carlos Morel.[5] A familia Dupuy era descendente de Luis Dupuy Ezquerra (nado en Hèches, Francia), que se asentou en Buenos Aires en 1750.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Fuerte 25 [i.e. veinticinco] de Mayo en Cruz de Guerra:. Buenos Aires (Arxentina : Provincia). Arquivo Histórico. 
  2. El índice cronológico de la historia de Quilmes del Dr: José A Craviotto, ampliado hasta 1916. José Alcides Craviotto. 
  3. Buenos Aires (ed.). Diccionario de Buenos Aires, ó sea guia de forasteros. 
  4. Quilmes de antaño, Volume 1. Talleres Gráficos "América",. 
  5. Mar del Plata, ciudad de América para la humanidad: reseña histórica. Roberto T. Barili. 
  6. Boletín interno, Issues 9-50. Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Felipe_Amoedo&oldid=4854190"