Fermín Bouza Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fermín Bouza Álvarez
Fermín Bouza Álvarez 3.jpg
Nacemento5 de marzo de 1946
 Santiago de Compostela
Falecemento29 de outubro de 2016
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Madrid
Ocupaciónsociólogo, catedrático de universidade e escritor
PaiFermín Bouza-Brey
CónxuxeCarmen Pena López [1]
FillosFermín Bouza Pena (1983) [1]
XénerosPoesía, narrativa
EstudosFilosofía e Psicoloxía
editar datos en Wikidata ]

Fermín Bouza Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1946 e finado en Madrid o 29 de outubro de 2016, foi un sociólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do intelectual Fermín Bouza-Brey. Licenciado en Filosofía e en Psicoloxía. En xaneiro de 1969 foise a vivir a Madrid. Foi catedrático de Socioloxía, especializado en Opinión Pública, que exerceu na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.

Fóra do ámbito universitario, mantiña un blog en lingua castelá no que adoito comentaba a situación política tanto galega como española, facendo fincapé nos temas de lingua e mantendo posturas marcadamente galeguistas.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Fermín Bouza Álvarez 2009.jpg

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Memoria do Diaño, 1980, Edicións do Rueiro (novela).
  • Longo voo de paxaro, 1987, Xerais (novela).

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Edicións Río Xuvia.
  • A poesia é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia/Editorial Danú. Edición bilingüe galego-inglés.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Las bodas secretas de Lilia, Editorial Debate.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fermín_Bouza_Álvarez&oldid=4895546"