Fernanda Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernanda Montenegro
Fernanda Montenegro.jpg
Nome completoArlette Pinheiro Esteves Silva
Nacemento16 de outubro de 1929
LugarRío de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
Cónxuxe(s)Fernando Torres
FillosCláudio Torres (cineasta) e Fernanda Torres
Profesiónactriz de televisión e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Arlette Pinheiro Esteves da Silva, nada no Río de Xaneiro o 16 de outubro de 1929 é unha actriz brasileira de cinema, teatro e televisión, coñecida como Fernanda Montenegro. Chamada "a Primeira Dama do Teatro do Brasil", foi a primeira actriz latinoamericana que recibiu unha candidatura ao Óscar como mellor actriz protagonista, polo filme Central do Brasil de Walter Salles.[1]

En 2013, converteuse tamén na primeira brasileira en gañar un premio Emmy internacional.[2]

En 2013, foi votada como a 15.ª celebridade máis influente do Brasil pola revista Forbes.[3] Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2016, leu o poema "A Flor e a Náusea", de Carlos Drummond de Andrade, dobrado en inglés por Judi Dench.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Naceu como Arlette Pinheiro Esteves da Silva, filla de Vitório Esteves da Silva, mecánico, de orixe portuguesa e de Carmen Nieddu Pinheiro Esteves da Silva, ama de casa, filla de italianos da illa de Sardeña.[4][5] Sobre a adopción do seu nome artístico, a actriz afirmou que escolleu Fernanda simplemente pola súa sonoridade, mentres que Montenegro era o apelido do médico da familia.

Carreira[editar | editar a fonte]

Fernanda Montenegro na peza teatral A mulher de todos nós, 1967. Arquivo Nacional do Brasil.

Iniciouse na radio aos na radio aos 16 anos e a finais dos 40 traduciu e adaptou obras de teatro célebres para ese medio. A súa vida artística no teatro comezou coa obra Alegres Canções nas Montanhas en 1950. Entre os seus compañeiros estaban Fernando Torres, quen se converteu no seu esposo. Nos seguintes anos traballou con outros actores, como Sérgio Britto, Cacilda Becker, Nathália Timberg, Cláudio Corrêa e Castro e Ítalo Rossi.

En 1959 deixou o Teatro Brasileiro de Comedia ao que ingresara en 1956[6] e fundou xunto co seu marido e outros destacados actores a compañía Teatro dos Sete no Río de Xaneiro.[7]

A principios da década de 1960 mudouse a São Paulo, onde traballou en moitas obras de teatro e televisión. A súa primeira telenovela foi Pouco Amor Não é Amor.

Debutou no cinema en 1964 con A Falecida, de Nelson Rodrigues. Conquistou os críticos con Eles Não Usam Black-Tie (1981). A pesar de que seguiu o éxito no teatro e na televisión, a súa carreira no cinema pasou bastante inadvertida ata 1997, cando O Que É Isso, Companheiro?, foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

A consagración internacional chegou en 1998 con Central do Brasil, que a levou a ser candidata ao Oscar á mellor actriz. Non gañou, mais recibiu o premio do Festival Internacional de Cinema de Berlín entre outras distincións.

En 1999 O Auto da Compadecida, un dos seus grandes éxitos televisivos foi convertido en filme e estreado nos cines.

En 2007 participou en Love in the Time of Cholera de Mike Newell como "Tránsito Ariza".

En 2010 gañou o premio á mellor actriz de teatro por Viver Sem Tempos Mortos.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Montenegro estivo casada con Fernando Torres dende 1954 ata a morte del en 2008. Con el tivo unha filla, a actriz Fernanda Torres, nada en 1965 (coa que protagonizou o filme Casa de Areia en 2005[9]) e un fillo, o director Cláudio Torres, nado en 1962 (con quen rodou Redentor en 2004[10]).

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O cantante e compositor Milton Nascimento compuxo e dedicoulle a canción "Mulher da vida".

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1954 Mãos Sangrentas
1965 A Falecida Zulmira
1970 Em Família Anita
Pecado Mortal Fernanda
Minha Namorada Carminha
1971 A Vida de Jesus Cristo Samaritana
1973 Missa do Galo Dona Conceição [11]
1976 Marília e Marina D. Glória
1978 Tudo Bem Elvira Barata
1981 Eles Não Usam Black-Tie Romana
1985 A Hora da Estrela Madame Carlota
1986 Trancado por Dentro Ivette
1988 Fogo e Paixão Rainha do castelo
1994 Veja Esta Canção Mulher da voz
1997 O Que É Isso, Companheiro? Dona Margarida
1998 Central do Brasil Dora
Traição Mulher no bar
1999 Gêmeas Mãe
2000 O Auto da Compadecida Nossa Senhora Virgem Maria (A Compadecida)
2004 O Outro Lado da Rua Regina
Olga Leocádia Prestes
Redentor Dona Isaura
Home on the Range Sra. Caloway (voz) Dobraxe
2005 Tudo Azul Ela mesma Documental
A Mochila do Mascate
Casa de Areia D. Maria / Áurea
2007 Love in the Times of Cholera Tránsito Ariza
2008 A Paixão Segundo Callado Ela mesma Documental
2012 As Aventuras de Agamenon, o Repórter Narradora
A Dama do Estácio Zulmira [12]
2013 O Tempo e o Vento Bibiana Terra Cambará [13][14]
A Igreja do Diabo [15]
A Primeira Missa [16] Nossa Senhora
2014 Rio, Eu Te Amo Dona Fulana[17]
Infância[18] Dona Mocinha
Boa Sorte Célia[19]
2016 Silêncio No Estúdio Ela mesma Documental
2017 Todos os Paulos do Mundo
2018 Corredor Polonês
Piedade Carminha
2019
O Juízo Marta Amarantes [20]
Dona Vitória Dona Vitória
A Vida Invisível de Eurídice Gusmão Eurídice Gusmão [21][22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morisawa, Mariane (10 de febreiro de 1999). "ILUSTRADA 50 ANOS: 1999 - Fernanda Montenegro concorre ao Oscar" (en portugués). Folha de São Paulo. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  2. Fernanda Montenegro leva Emmy e agradece diretores de 'Doce de mãe'
  3. Forbes. "Forbes apresenta as celebridades mais influentes do Brasil". Exame. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  4. IstoÉ Gente: Fernanda Montenegro
  5. Fernanda Montenegro - Site Oficial - Universo Online
  6. Enciclopédia Itaú Cultural
  7. Enciclopédia Itaú Cultural
  8. Fernanda Montenegro vence prémio Shell de melhor actriz
  9. IMDb
  10. IMDb
  11. "Missa do Galo". Cinemateca Brasileira. Consultado o 2018-05-25. 
  12. "Fernanda Montenegro é o destaque em 'A Dama do Estácio'". Estadão.com.br. Consultado o 14 de maio de 2013. 
  13. Trailer de 'O Tempo e o Vento' tem cena quente de Cléo Pires
  14. "Sem a Fernanda eu não faria 'O tempo e o vento', diz Monjardim". Globo News. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  15. "Com 103 anos, Manoel de Oliveira finaliza mais um filme". Adoro Cinema. Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  16. "Com nova peça e filme, Fernanda Montenegro avalia Dilma e Ana de Hollanda". Arte e Lazer. Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  17. "Nona etapa do longa ‘Rio, eu te amo’ traz Fernanda Montenegro e Regina Casé como mendigas". O Globo. Consultado o 13 de setembro de 2014. 
  18. Por Redação, Purepeople. "Fernanda Montenegro comemora 84 anos prestes a estrear dois longas-metragens". Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  19. Globo Filmes. "Filmes>Boa Sorte>Elenco". Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  20. "O Juízo". Globo Filmes. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  21. Fonseca, Rodrigo (19 de abril de 2019). "Um melodrama à moda Karim Aïnouz para encantar Cannes". Estadão. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  22. Genestreti, Guilherme (17 de xuño de 2018). "Fernanda Montenegro viverá protagonista de novo filme de Karim Aïnouz". Folha de São Paulo. Consultado o 21 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fernanda_Montenegro&oldid=5233493"