Fernando Hoyos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Hoyos
Nacemento24 de marzo de 1943
 Vigo
Falecemento13 de xullo de 1982
 Huehuetenango
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade Pontificia Comillas
Ocupaciónpolítico e misioneiro
editar datos en Wikidata ]

Fernando Hoyos, nado en Vigo en 1943 e finado en Guatemala o 13 de xullo de 1982, foi un xesuíta que predicou e loitou en Guatemala seguindo a Teoloxía da liberación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenouse xesuíta en 1960 e realizou estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía en universidades de Salamanca, Múnic, Lovaina e Comillas (Madrid).

Labor en Guatemala[editar | editar a fonte]

Xa formado na Teoloxía da liberación, chegou a Guatemala a comezos dos anos 70 e implicouse decididamente na solidariedade cun pobo privado de dereitos, masacrado polo Exército e en medio dunha pobreza e desigualdade extremas. O seu labor social e educativo deixou unha fonda pegada no país centroamericano. Acabou por se integrar no Exército Guerrilleiro dos Pobres (EGP) e morreu nun enfrontamento armado o 13 de xullo de 1982 sen que o seu corpo aparecese até o día de hoxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fernando_Hoyos&oldid=4541183"