Fernando I de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando I de León
Fernando I, rei consorte da Galiza.jpg
Fernando I, segundo unha miniatura do Tombo A da catedral de Santiago de Compostela.
Nacemento1016
 Navarra
Falecemento27 de decembro de 1065
 León
SoterradoBasílica de Santo Isidoro de León
NacionalidadeReino de Navarra
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico e rei
PaiSancho III O Maior
NaiMunia Sánchez de Castela
CónxuxeSancha I de Galicia
FillosUrraca de Zamora, Sancho II de Castela, Elvira de Toro, Afonso VI de León e García II de Galicia
IrmánsGarcía III de Navarra, Ramiro I de Aragão, Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza e Jimena Sánchez di Navarra
Sinatura-de-Fernando-I-(1037).png
editar datos en Wikidata ]

Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza[a] ou de León[b] dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.

Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza[2] polo seu matrimonio con Sancha, irmá do seu rei e señor, Bermudo III, contra o que se levantou en armas, o cal faleceu sen deixar descendencia loitando contra Fernando na batalla de Tamarón.

Os seus primeiro dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viráronse en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.

Levou a cabo unha enerxética actividade de Reconquista, tomando as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064). Amais someteu a varios dos reinos de taifas ao pago de parias ao reino leonés. Ao morrer dividiu os seus reinos entre os seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial do seu pai, o condado de Castela, elevado a categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, o favorito, correspondeulle o Reino de León mailo título imperial, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu o Reino de Galiza mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlle as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real, e unhas rendas adecuadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando I e a súa esposa Sancha I recibindo o seu Libro de horas (1055).

Casou con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Meendiz, no 1032. No 1035 herdou o condado de Castela do seu pai Sancho III O Maior, rei de Navarra.

No 1037 a súa esposa Sancha herdou o reino de Galiza do seu irmán Vermudo III.O conde lugués Munio Rodríguez e súa nai Ocrocia Gosteez erguéronse contra o rei en 1038.

Á súa morte no 1065 repartiu as súas posesións entre os seus 5 fillos: entregou o condado de Castela ao seu fillo Sancho, o reino de León a Afonso e o reino de Galiza a García. Ás fillas Urraca e Elvira doou as cidades de Zamora e Toro, respectivamente.

Fernando I de León
Dinastía Ximena
Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067


Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Vermudo III
Rei consorte de Galicia
1037–1065
Sucedido  por
Afonso VI
Sucedido  por
García II
Sucedido  por
Sancho III
Precedido por
García Sánchez de Castela


Conde de Castela
1028–1065
Sucedido  por
Remata o título condal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Interim Fernandus Sanciam, filiam Adefonsi Galiciensis regis: Fernando en calidade de consorte de Sancha, filla de Afonso [V], rei de Galiza.[1]
  2. Segundo a historiografía española.
Referencias
  1. López Carreira 2005, p. 328.
  2. Documento n. 534 do Tombo de Celanova. 1060. domus Fernandus princeps super omnem Galletiam .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fernando_I_de_León&oldid=4921300"