Fernando Martínez Morás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Martínez Morás
Fernando Martínez Morás 1926.jpg
Nacemento 31 de maio de 1885
  A Coruña
Falecemento 11 de setembro de 1937
  Provincia de León
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
editar datos en Wikidata ]

Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado na provincia de León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Martínez Salazar. Foi comisario pola Coruña na Exposición Rexional de 1909 e concelleiro da Coruña [2]. Ingresou na Real Academia Galega o 20 de novembro de 1926 co discurso La Toponimia de Galicia (respondido por Eladio Rodríguez González). Foi secretario da Real Academia Galega dende 1927. Redactor de La Voz de Galicia, publicou artigos no Boletín de la Real Academia Gallega e noutras revistas de historia e literatura.

Amais de á RAG, pertenceu a outras institucións, como a Comisión Provincial de Monumentos e a Real Academia Provincial de Belas Artes.

Morreu por mor dun accidente de tráfico.

Obras[editar | editar a fonte]

Fernando Martínez Morás, 1910.
  • Las alarmas de Galicia, 1908.
  • La Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa del Reino de Galicia, 1908.
  • Medios prácticos de fomentar entre la juventud el amor al estudio y el alejamiento de aquellos lugares en que puedan peligrar su honradez y buenas costumbres, 1916.
  • Guía del turista, 1926.
  • La región gallega. Notas geográfico-económicas, 1926, en colaboración con María de los Ángeles Lens de Patiño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
  2. Fernando Martínez Morás na RAG

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fernando_Martínez_Morás&oldid=4719072"