Festival de Eurovisión 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 2018
ESC HONEY.svg
Datas
Semi-final 1 8 de maio de 2018
Semi-final 2 10 de maio de 2018
Final 12 de maio de 2018
Anfitrión
Lugar Flag of Portugal.svg MEO Arena, Lisboa, Portugal[1]
Presentador(es) Por determinar
Supervisor executivo Flag of Norway.svg Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa RTP.svg
Participantes
Participantes 43
Países que retornan Flag of Russia.svg Rusia
Votacións
Sistema de votación Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan 1-8 e 10 puntos, (aparecen automaticamente nas pantallas) e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.

En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto no que cada país entrega 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta.[2]

Canción gañadora  [[|]]
Festival de Eurovisión
◄2017 Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg 2019►

O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrarase na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018.[1][3][4] O certame será albergado no MEO Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior.[4][5]

Ata o momento, 26 países expresaron as súas intencións de participar no festival.[6]

Organización[editar | editar a fonte]

Sede do festival[editar | editar a fonte]

Tras a vitoria de Salvador Sobral no Festival da Canción de Eurovisión de 2017 coa canción "Amar pelos dois",[5] a edición de 2018 está programada para ter lugar en Portugal.[7] O supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, emitiu a invitación de acollida a Rádio e Televisão de Portugal (RTP) durante a conferencia de prensa do gañador, entregando un "dossier" de organizador á RTP.[7]

O 15 de maio de 2017, a RTP declarou que o evento tería lugar en Lisboa, e informou que a Unión Europea de Radiodifusión suxeriulles o MEO Arena como recinto potencial[4][8], aínda que non confirmou este extremo de xeito definitivo.[4] Esta decisión desencadeou críticas polo seu carácter centralista, xa que, nos anos anteriores, todos os países anfitrións elixiron o lugar do festival a través dun concurso. En reacción, o día seguinte, o director de programas de RTP, Daniel Deusdado, volveu atrás e garantizou que "non hai decisión sobre o local" e que a estación pública portuguesa "vai mirar cara ao mapa de Portugal", antes de elixir unha localización, que será determinada polos custos, área cuberta, condicións do contorno e capacidade hoteleira.[9] Os concellos de Lisboa, Guimarães, Faro e Santa Maria da Feira declararon o seu interese en recibir o evento.[10] Pola contra, o concello do Porto, unha seria cidade candidata a recibir o festival, na voz do seu presidente, Rui Moreira, non mostrou interese en recibir o evento xustificando como razóns o custo que iso tería para a cidade e que o concello non estaría diposto a pagar. Así mesmo, o Consello Metropolitano do Porto defendeu, en declaracións do seu presidente, a realización do festival na Área Metropolitana do Porto, pero no municipio de Santa Maria da Feira, onde se sitúa o Europarque, un dos máis grandes centros de convencións de Portugal. O responsable añadiu que, nun radio de 30 quilómetros ao redor do Europarque "hai máis de oito mil camas, quedando próximo do aeroporto e dos principais ferrocarrís", polo que, para a organización do evento, "Lisboa e o Porto están en igualdade, pero xa é tempo de que non quede todo centralizado en Lisboa".[11]

O 25 de xullo de 2017, a RTP e a UER anunciaron en rolda de prensa que Lisboa fora seleccionada como sede, sendo Braga, Gondomar, Guimarães e Santa Maria da Feira as outras candidaturas que se incluíran no proceso de licitación.[1][12]

     Sede elixida

Cidade Sede Capacidade Información
Braga Parque de Exposições de Braga 3 000
15 000 (tras reconstrución)
O Parque de Exposições de Braga é unha estrutura dedicada a feiras, exposicións, congresos e eventos socio-culturais, científicos, recreativos e deportivos. Aínda que a capacidade actual é de 3.000 espectadores, está prevista unha reconstrución que eleve a capacidade a 15.000 persoas.
Gondomar Multiusos Gondomar Coração de Ouro[13] 8 000 O pavillón permite realizar múltiples deportes, así como exposicións, espectáculos culturais, actividades de carácter económico-social e concertos de música. Aínda que a capacidade máxima é de 4.400 espectadores, cando o público está de pé pode albergar ata 8.000 persoas.
Guimarães Multiusos de Guimarães 5 000 Recibe anualmente grandes concertos e eventos internacionais.
Lisboa MEO Arena 20 000 Recibiu a Expo98,[14] o Mundial de Baloncesto Sub19 de 1999,[15] oos MTV Europe Music Awards de 2005,[16] a Web Summit 2016 e moitos concertos e grandes eventos internacionais.
Santa Maria da Feira Europarque[10] 11 000 Parte do centro de convencións máis importante da rexión do Porto, recibiu a final do Festival RTP da Canção de 2001 e moitos concertos e eventos internacionais. Foi a sede defendida polo consello da Área Metropolitana do Porto.

Datas propostas[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo de 2017, na mesma rolda de prensa na que se anunciou Lisboa como cidade sede, as datas das semifinais fixáronse o 8 e o 10 de maio de 2018, e a final o 12 de maio.[1]

Lista provisional de participantes[editar | editar a fonte]

Os países seguintes expresaron o seu interese provisional en participar no festival:

País Título orixinal

Tradución ao galego

Artista e idioma Proceso de selección
Flag of Albania.svgAlbania

RTSH

'Mall'

'

Eugent Busheppa

Albanés

23-12-2017

Festivali i Këngës

Alemaña Alemaña[17]
NDR
Por determinar Por determinar 22-02-2018
Unser Lied für Lissabon[18]
Flag of Armenia.svgArmenia

ARMTV

Por determinar Por determinar 24-02-2018

Depi Evratesil 2018

AustraliaAustralia

SBS

Por determinar Jessica Mauboy[19]

Inglés

11-12-2017

Elección interna (canción sen presentar)

AustriaAustria

ORF

Por determinar Por determinar ??-??-20??

Selección Interna[20]

Flag of Azerbaijan.svgAcerbaixán

ICTIMAI

Por determinar Aisel 08-11-2018

Elección Interna (canción sen presentar)

Bélxica Bélxica[21]
RTBF
Por determinar Laura Groeseneken

Inglés

28-09-2018

Elección interna (canción sen presentar)

BelarúsBelarús

BTRC

Por determinar Por determinar 22-02-2018

EuroFest 2018

Chipre Chipre[22]
CyBC
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2017 ou 2018
Final nacional
República ChecaRepública Checa[23]
ČT
Por determinar Por determinar Por determinar
Dinamarca Dinamarca[24]
DR
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
Dansk Melodi Grand Prix 2018
Flag of Slovenia.svg Eslovenia[25]
RTVSLO
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
Evrovizijska Melodija (EMA)
EspañaEspaña[26]
TVE
'Tu canción'

'A túa canción'

Amaia Romero e Alfred García 29-01-2018

Operación Triunfo 2018?[27][28]

Estonia Estonia[29]
ERR
Por determinar Por determinar 03-03-2018
Eesti Laul 2018
 FinlandiaFinlandia[30]
YLE
Por determinar Por determinar ??-01-2018
UMK 2018
Francia Francia[31]
France 2
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2017 ou 2018
Mission Eurovision
GreciaGrecia[32]
ERT
Por determinar Por determinar Por determinar
Flag of Ireland.svg Irlanda[33]
RTÉ
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2017 ou 2018
Final Nacional
Italia Italia[34]
RAI
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
Festival de San Remo
Flag of Lithuania.svgLituania[35]
LRT
Por determinar Por determinar ??-03-2018
Eurovizijos 2018
Flag of Malta.svg Malta[36]
PBS
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
Malta Eurovision Song Contest
Flag of Montenegro.svg Montenegro[37]
RTCG
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2017 ou 2018
Elección interna
Flag of Norway.svgNoruega[38]
NRK
Por determinar Por determinar ??-03-2018
Melodi Grand Prix 2018
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos[39]
AVROTROS
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2017 ou 2018
Elección interna
Polonia Polonia[40]
TVP
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
Krajowe Eliminacje 2018
Flag of Portugal.svgPortugal[41]
RTP
Por determinar Por determinar ??-03-2018
Festival da Cançao 2018
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido[42]
BBC
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
You Decide 2018
Flag of Romania.svg Romanía[43]
TVR
Por determinar Por determinar ¿?-¿?-2018
Selecţia Naţională 2018
Flag of Russia.svgRusia[44][45]
C1R
Por determinar Yulia Samoylova[46] Presentación da canción: ¿?-¿?-2018
(cantante elixido internamente, 13-04-2017)
Flag of Sweden.svgSuecia[47]
SVT
Por determinar Por determinar ??-??-2018
Melodifestivalen 2018

Artistas que regresan[editar | editar a fonte]

  • Flag of Russia.svg Yulia Samóilova: Foi elixida como representante de Rusia na edición anterior coa canción "Flame Is Burning", pero retiráronse do festival debido a que se lle prohibiu entrar a Ucraína durante 3 anos.[46][48]

Posibles debuts[editar | editar a fonte]

  • Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán: Khablar Agency converteuse en membro asociado da UER o 1 de xaneiro de 2016, abrindo a posibilidade dunha futura participación. Con todo, a UER anunciou o 28 de setembro que aínda que Khablar Agency non puido debutar no concurso de 2016 porque non tiñan membresía activa, están revisando as normas para o concurso de 2017, que pode incluír abrir a poibilidade de que Khablar Agency faga o seu debut no concurso. Con todo, Casaquistán non figuraba na lista de participación oficial publicada pola UER para o concurso de 2017 o 31 de outubro de 2016.
  • Kosovo Kosovo: A RTK (cadea pública kosovar) mantivo reunións coa UER, quen non se opuxeron a un debut do país balcánico. Ademais, informóuselles que é o país anfitrión do certame quen debe invitar ao xove país. Polo momento e tras un ano no que Ucraína non invitou á RTK, a cadea pública portuguesa non se postulou ante este feito.
  • Flag of Lebanon.svg Líbano: Ante a posible retirada de Israel, é posible que faga o seu debut no próximo certame.

Outros países[editar | editar a fonte]

Membros activos da UER[editar | editar a fonte]

  • Andorra Andorra: RTVA anunciou o 14 de maio de 2017 que non participará nesta edición, debido a razóns económicas e de reestruturación do ente.[49]
  • Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo: RTL anunciou o 30 de maio de 2017 que Luxemburgo non regresaría ao festival de 2018. Concretamente, o mesmo Steve Schmit, reafirmaba a súa negativa á competición europea: "Poderiamos participar, poderiamos chamar a algún patrocinador e mesmo houbo algún pre-acordo anos atrás, pero o gran risco compartido polos organismos públicos é que non é fácil soportar os custos relacionados coa organización de Eurovisión", e engade, "ademais, as posibilidades de éxito de Luxemburgo no concurso son limitadas, primeiro, pola cantidade de participantes, segundo, polo novo sistema de votación e, terceiro, somos un país pequeno".[50]
  • Flag of Monaco.svg Mónaco: TMC anunciou o 15 de maio de 2017 que Mónaco non participará no festival de 2018.
  •  Flag of Slovenia.svg Eslovaquia: A cadea nacional eslovaca, RTVS, explicou o día 17 de maio de 2017 que a ausencia do país no concurso desde 2012 debeuse aos custos involucrados na participación. O encargado da emisora, Juraj Kadáš, constatou que o concurso é un proxecto atractivo, pero que a emisora xa ten a súa propia estratexia de programación e o financiamento da produción televisiva nacional ten prioridade sobre unha posible participación no concurso. A emisora tamén indicou que a participación no concurso se discutirá máis adiante no ano 2018. A emisora anunciou que aínda teñen que tomar unha decisión con respecto á participación. Máis tarde, RTVS confirmou que Eslovaquia non participaría no festival.
  • Flag of Turkey.svg Turquía: Malia os rumores de posible retorno que varios ex representantes do país difundiran, o día 7 de agosto de 2017 a TRT confirmou que Turquía non acudirá a Lisboa 2018.[51]

Países non membros da UER[editar | editar a fonte]

  • Flag of Liechtenstein.svg Liechtenstein: 1 FLTV anunciou o 16 de maio de 2017 que non farían o seu debut no concurso de 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,3 Jordan, Paul (25 de xullo de 2017). "Lisbon revealed as Host City of the 2018 Eurovision Song Contest!". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  2. "Voting | Eurovision Song Contest". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  3. "Lisboa será la sede de Eurovisión 2018". abc (en español). 2017-05-15. Consultado o 2017-05-17. 
  4. 4,04,14,24,3 "RTP vai organizar o próximo Festival da Eurovisão". rtp.pt (en portugués). Rádio e Televisão de Portugal. 15 de maio de 2017. Consultado o 16 de maio de 2017. 
  5. 5,05,1 Jordan, Paul (14 de maio de 2017). "PORTUGAL WINS THE 2017 EUROVISION SONG CONTEST!". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  6. "Eurovision Song Contest 2018: Portugal". Eurovisionworld (en inglés). Consultado o 2017-05-18. 
  7. 7,07,1 M. Escudero, Victor; Jordan, Paul; Kryvinchuk, Yullia (14 de maio de 2017). "Winner's Press Conference with Portugal's Salvador Sobral" (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  8. Granger, Anthony (15 de maio de 2017). "Lisbon confirmed as host city of Eurovision 2018". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 16 de maio de 2017. 
  9. Group, Global Media (2017-05-16). "Eurovisão - RTP garante que ainda não escolheu a cidade e que vai olhar para o mapa de Portugal". DN (en portugués). Consultado o 2017-05-16. 
  10. 10,010,1 Marques, Ana Cristina. "Vem aí a Eurovisão. Que comece a guerra dos pavilhões multiusos". Observador. Consultado o 2017-05-16. 
  11. Marques, Lusa (20 de maio de 2017). "Conselho Metropolitano do Porto quer Festival Eurovisão da Canção 2018 no Europarque". jornaldenegocios.pt (en portugués). Jornal de Negócios. Consultado o 20 de maio de 2017. 
  12. Diogo, Joao (16 de xuño de 2017). "ESC2018: RTP já fez visitas técnicas a quatro cidades". escportugal.pt (en portugués). ESCPortugal. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  13. Estas son las cinco ciudades que compiten por acoger Eurovisión 2018 con Lisboa como favorita Eurovision-spain.com 29 de maio de 2017
  14. Nash, Elizabeth (30 de xaneiro de 1998). "Expo 98: Lisbon dreams of turning wasteland into lasting beauty". independent.co.uk. The Independent. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  15. FIBA Archives (25 de xullo de 1999). "1999 World Championship for Junior Men". FIBA. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  16. NME (8 de decembro de 2004). "MTV Europe Music Awards announce 2005 venue". nme.com. NME. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  17. Jan (14 de maio de 2017). "Pressestatement von Thomas Schreiber und Levina". blog.prinz.de (en alemán). Consultado o 15 de maio de 2017. 
  18. Deutschland, E. S. C. (9:44 AM - 21 Dec 2017). "Jetzt steht es endlich fest. Der deutsche Vorentscheid „Unser Lied für Lissabon“ findet am 22. Februar in Berlin statt. #esc2018pic.twitter.com/4mVkHjVLqs". @eurovisionde (en alemán). Consultado o 2018-02-02. 
  19. eurovision-spain.com. "De invitada en 2014 a representante en 2018, ¡Jessica Mauboy vuelve por Australia a Eurovisión!". www.eurovision-spain.com. Consultado o 2018-02-02. 
  20. "Internal selection for Austria in 2018". SpainEurovisionInfo. 2017-07-07. Consultado o 2017-07-10. 
  21. jhe (9 de maio de 2017). "Internal selection for Belgium in 2018". songfestival.be (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2017. 
  22. Argyriou, Giannis (5 de maio de 2017). "Αποκλειστικό: Με εθνικό τελικό η Κύπρος για τη Eurovision 2018!". infegreece.gr (en grego). InfeGreece. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  23. Granger, Anthony (16 de maio de 2017). "Czech Republic: Ceska Televize plans regular Eurovision participation". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 16 de maio de 2017. 
  24. Aínda que non se confirmou, as cidades danesas xa comezaron a súa oferta para recibir Dansk Melodi Grand Prix 2018, que é a selección nacional de Dinamarca para o festival.
  25. Granger, Anthony (30 de maio de 2017). "Slovenia: language rule to be imposed for EMA 2018". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 30 de maio de 2017. 
  26. Calandria, Juan (17 de maio de 2017). "Radio Televisión Española sí estará en Eurovision 2018". eurovisionplanet.com. Eurovision Planet. Consultado o 20 de maio de 2017. 
  27. Casasola, Marcos (6 de maio de 2017). "¿‘Operación Triunfo’: preselección de España en Eurovisión 2018?". eltelevisero.com. El Televisero. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  28. eurovision-spain.com. "TVE valora que el ganador de Operación Triunfo vaya a Eurovisión 2018". eurovision-spain.com. Consultado o 2017-06-02. 
  29. Granger, Anthony (2 de maio de 2017). "Estonia: confirms participation in Eurovision 2018". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  30. "Osallistu Uuden Musiikin Kilpailun 2018 yleiseen hakuun". yle.fi (en finés). 28-1-2017. Consultado o 31-1-2017. 
  31. Lopes, Benjamin (17 de maio de 2017). "Mission Eurovision : France 2 veut un talent show pour le successeur d’Alma et Amir en 2018". toutelatele.com (en francés). Toutelatele. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  32. "Eurovision 2017 - Διονύσης Τσακνής: «Η Eurovision είναι μια υποχρέωση της ΕΡΤ» - zappit.gr". zappit.gr (en grego). 24-1-2017. Consultado o 4-4-2017. 
  33. "Irlanda trabaja ya en Eurovisión 2018 barajando retomar su final nacional". eurovision-spain.com (en español). Eurovision-spain. 3 de xuño de 2017. Consultado o 3 de xuño de 2017. 
  34. Granger, Anthony (15 de maio de 2017). "Italy: head of RAI 1 reveals ambitions for Eurovision & Sanremo". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  35. "Lithuania: Klaipėda to host the final, and changes to next year's format". Eurovoix (en inglés). 18-2-2017. Consultado o 4-4-2017. 
  36. Leone Ganado, Philip (16 de maio de 2017). "No change to Eurovision selection process despite worst result in 10 years". timesofmalta.com (en inglés). Times of Malta. Consultado o 16 de maio de 2017. 
  37. O Xefe de Delegación de Montenegro Sabrija Vulić declarou nunha entrevista con RTCG o 17 de maio de 2017 que a participación de Eurovisión era importante para o país, xa que asegura unha promoción de Montenegro a nivel internacional. Ademais, declarou que a non clasificación para a final non debe ser vista como un insulto ou unha razón para retirarse.
  38. "MGP frir til Norges beste komponister" (en noruegués). 31-1-2017. Consultado o 31-1-2017. 
  39. Aínda que non se fixo unha declaración oficial sobre a participación dos Países Baixos na edición de 2018, díxose que Alain Clark estaba "dispoñible" para o Festival da Canción de Eurovisión 2018 en Portugal.
  40. "Polonia confirma provisionalmente su participación en Eurovisión 2018". Eurovision Planet / / www.eurovisionplanet.com (en español). 2017-05-17. Consultado o 2017-06-04. 
  41. "[ENTREVISTA] Daniel Deusdado: "Em 2018 temos outro Festival da Canção"". escportugal.pt (en portugués). Consultado o 4-4-2017. 
  42. O taboleiro sueco Aftonbladet reportou que Måns Zelmerlöw (gañador do Festival de Eurovisión 2015 e copatrocinador da edición de 2016) estivo en conversacións coa BBC no que respecta a colaborar coa emisora para encontrar o seu representante para Eurovisión 2018. O enfoque da BBC segue a recentemente relocalización de Zelmerlöw en Londres.
  43. "EUROVISION 2017. Ilinca și Alex s-au întors acasă. "Ni se pare că am luat un loc onorabil, am fost favoriții publicului"" (en romanés). Consultado o 17 de xuño de 2017. 
  44. Granger, Anthony (22-3-2017). "Russia: Regardless Of Host Country, Yulia Will Compete At Eurovision 2018". Eurovoix (en inglés). Consultado o 4-4-2017. 
  45. Cava, Joel (16 de maio de 2017). "Rusia, a la espera del veredicto de la UER el próximo 12 de junio". eurovision-spain.com. Consultado o 17 de xuño de 2017. 
  46. 46,046,1 Efe. "Rusia enviará a la cantante vetada por Kiev a Eurovisión 2018". heraldo.es. Consultado o 2017-05-23. 
  47. "Melodifestivalen och Eurovision: Vanliga frågor". svt.se (en sueco). Sveriges Television. 1 de marzo de 2017. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  48. National Publishing and Broadcasting Collective (12 de marzo de 2017). "Yulia Samoylova to represent Russia at Eurovision Song Contest 2017". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  49. Granger, Anthony (14 May 2017). "Andorra: No Return To The Eurovision Song Contest in 2018". Eurovoix. Consultado o 15 May 2017. 
  50. eurovision-spain.com. "Luxemburgo cierra la puerta a Eurovisión 2018". www.eurovision-spain.com. Consultado o 2017-06-06. 
  51. "Turquía no volverá a Eurovisión en 2018". SpainEurovisionInfo. 2017-08-07. Consultado o 2017-08-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ucraína Kiev 2017
EuroPortugal.svg
Festival de Eurovisión

Portugal 2018
Sucesor:
Por determinar 2019
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Festival_de_Eurovisión_2018&oldid=4690474"