Fidalguía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).

O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos[1], cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.

A fidalguía en Galicia[editar | editar a fonte]

A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no século XVI ligada ao fenómeno dos foros: escudeiros, cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra na Galiza. Desta maneira, os fidalgos exerceron durante catro séculos como intermediarios, cobrándolles aos labregos e dándolle parte ao clero. O fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.[2]

Esta transferencia de capitais vese no feito de que, segundo salienta Juan E. Gelabert, en Santiago en 1588 o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 39% aos mercadores, mentres que en 1635 o repartimento era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios, estabeleceron morgados e procuraron por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren tributos directos.

Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa desamortización e desapareceu definitivamente coa redención dos foros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Filipe II recoñeceu en 1562 a fidalguía de todos os guipuscoanos. Etnogénesis y etnicidad en España Christiane Stallaert páx 72 [1]
  2. Enciclopedia Galega: Vol. XVII, páx 106. Hidalguía
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fidalguía&oldid=5018106"