Filipe de Edimburgo
Filipe de Edimburgo | |
---|---|
Príncipe do Reino Unido e Duque de Edimburgo | |
![]() | |
Nome completo | Philip Mountbatten |
Nacemento | 10 de xuño de 1921 Mon Repos, Corfú, Grecia ![]() |
Cónxuxe/s | Isabel II do Reino Unido |
Descendencia | |
Casa real | Casa de Windsor (por matrimonio) |
Proxenitores | Andreas de Grecia e Dinamarca Alicia de Battenberg |
![]() | |
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca, é un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Jarretera, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo de Andreas de Grecia e Dinamarca e de Alicia de Battenberg. En 1947, contraeu matrimonio coa princesa Isabel, filla e herdeira do rei Xurxo VI do Reino Unido. Antes do seu matrimonio, Xurxo VI nomeouno duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón Greenwich, outorgándolle o tratamento de Alteza Real. En 1957, Filipe foi nomeado Príncipe do Reino Unido pola raíña Isabel II.
Á parte dos seus deberes reais, o duque de Edimburgo é patrocinador de moitas organizacións, entre elas os Premios Duque de Edimburgo e o Fondo Mundial para a Natureza. Ademais é reitor da Universidade de Cambridge e da Universidade de Edimburgo (a súa filla Ana relevoulle neste último cargo en 2011). En concreto, dedicouse a intentar que a humanidade tome conciencia da súa relación co medio ambiente desde que visitou as illas Sandwich do Sur en 1956. Publicou escritos e realizou charlas sobre temas do medio ambiente ao longo de máis de medio século.
Ascendencia[editar | editar a fonte]
16. Duque Federico Guillerme de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg | ||||||||||||||||
8. Rei Christian IX de Dinamarca | ||||||||||||||||
17. Princesa Luisa Carolina de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
4. Rei Xurxo I de Grecia | ||||||||||||||||
18. Príncipe Guillerme de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
9. Princesa Luisa de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
19. Princesa Luisa Carlota de Dinamarca | ||||||||||||||||
2. Príncipe Andreas de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
20. Tsar Nicolao I de Rusia | ||||||||||||||||
10. Gran Duque Constantino Nikolaievich de Rusia | ||||||||||||||||
21. Princesa Carlota de Prusia | ||||||||||||||||
5. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia | ||||||||||||||||
22. Duque Xosé de Saxonia-Altenburgo | ||||||||||||||||
11. Princesa Alexandra de Saxonia-Altenburg | ||||||||||||||||
23. Duquesa Amelia de Württemberg | ||||||||||||||||
1. Príncipe Filipe, Duque de Edimburgo | ||||||||||||||||
24. Luís II, Gran Duque de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
12. Príncipe Alexandre de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
25. Princesa Guillermina de Baden | ||||||||||||||||
6. Príncipe Luís de Battenberg | ||||||||||||||||
26. Conde Xoán Mauricio de Hauke | ||||||||||||||||
13. Condesa Xulia Teresa de Hauke | ||||||||||||||||
27. Sophie Lafontaine | ||||||||||||||||
3. Princesa Alicia de Battenberg | ||||||||||||||||
28. Príncipe Carlos de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
14. Luís IV, Gran Duque de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
29. Princesa María Isabel de Prusia | ||||||||||||||||
7. Princesa Vitoria de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
30. Príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo-Gotha | ||||||||||||||||
15. Princesa Alicia do Reino Unido | ||||||||||||||||
31. Reina Vitoria I do Reino Unido | ||||||||||||||||
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|