Filomeno, a mi pesar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Filomeno, a mi pesar
Autor/a Gonzalo Torrente Ballester
Lingua castelán
Xénero(s) Novela
Editorial Editorial Planeta
Data de pub. 1988
ISBN ISBN 978-84-08-09538-5

Filomeno, a mi pesar é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester publicada en 1988 por Editorial Planeta, logo de gañar ese mesmo ano o Premio Planeta.

Trama[editar | editar a fonte]

Filomeno Freijomil é un home de trinta e seis anos que conta as súas memorias desde que era neno até o momento de escribilas, rematando cun final aberto.

É un home de clase media-alta dunha vila do interior de Galiza, Villavieja del Oro. Naceu en 1911, fillo dun senador, á súa vez fillo dun carteiro de aldea. Por banda materna, a súa avoa é unha nobre portuguesa, que ten o pazo de Alemcastre, preto da desembocadura do río Miño.

Logo de pasar a infancia en Villavieja, pasa un ano da adolescencia en Londres, e rematado o Bacharelato marcha a Madrid. En xaneiro de 1931 regresa a Londres, onde comeza a traballar como xornalista para un xornal portugués, e coñece a Ursula. En 1937 marcha a París como correspondente. Alí coñece a Clelia, e aos poucos meses marcha ao pazo minhoto. Alí monta unha mediana industria gandeira, pero en 1939 marcha de novo a Londres. Até 1945 actúa como correspondente de guerra, e despois regresa a Villavieja. Na vila, frecuenta tertulias literarias, e comeza a ser mal visto polas autoridades. Finalmente, en 1947 marcha ao pazo.

A novela mostra o proceso de maduración da personalidade a través das viaxes, empregos e relacións amorosas. Ao tempo, fai un percorrido pola historia entre o final da primeira e a segunda guerra mundial, incluíndo a Gran Depresión, a II República, a guerra civil española e os inicios do franquismo.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en primeira persoa, con carácter autobiográfico. O protagonista fala castelán, portugués, inglés e francés, pero hai numerosas expresións en lingua galega das clases populares da vila.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Filomeno,_a_mi_pesar&oldid=3856043"