Finlandia Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Finlandia Central
Keski-Suomi (en finés)
Mellersta Finland (en sueco)
Bandeira
Escudo
BandeiraEscudo
Keski-Suomi.sijainti.suomi.2010.svg
EstadoFinlandia Finlandia
CapitalJyväskylä
 • Poboación131.997 (2012)
Lingua oficialAs dúas
Forma de gobernoRexión de Finlandia
Provincias históricasTavastia, Savonia e Ostrobotnia
 • Total19.950,38 km²
Fronteirasn/d km
Costasn/d km
 • Total272.300 (2009) hab.
 • Densidade13,6 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.fi
Código ISO193

Finlandia Central (en finés Keski-Suomi e en sueco Mellersta Finland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada no centro-sur do país, na área que ocupaban as provincia histórica de Tavastia, Savonia e Ostrobotnia, e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital e cidade máis poboada é Jyväskylä.

Savonia do Norte limita ao norte con Ostrobotnia do Norte, ao leste con Savonia do Norte e Savonia do Sur, ao sur con Päijänne Tavastia, ao oeste con Ostrobotnia e Ostrobotnia do Sur, e ao noroeste con Ostrobotnia Central.

É a 5ª rexión máis poboada do país e a 6ª máis extensa. O seu territorio conta con 3.243 km² de auga doce

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada no extremo oeste da Rexión dos Lagos (ao sur está cortada en dous pola inmensa masa de auga do lago Päijänne), a provincia está situada nunha posición intermedia entre as provincias veciñas:

  • Ten máis relevo e lagos que Ostrobotnia, mais menos que en Savonia ou Carelia. A altitude vai dos 78 aos 250 m.
  • Máis bosques e terras de cultivo que no sur, mais menos que no Kainuu.

Marca polo tanto unha transición cando se vai de sur a norte ou de leste a oeste. A rexión conta con sete rexións fronteirizas, o máximo en Finlandia ao igual que Päijänne Tavastia. Limita ao norte con Ostrobotnia Central e Ostrobotnia do Norte, ao leste con Savonia do Norte e Savonia do Sur, ao oeste con Ostrobotnia do Sur e Pirkanmaa, e ao sur con Päijänne Tavastia.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta rexión superponse prácticamente á zona norte da provincia histórica de Tavastia (se se engade unha fracción do oeste de Savonia). Non foi obxecto dunha redistribución en 1997, os límites da rexión xa existían en 1960.

Concellos[editar | editar a fonte]

Savonia do Sur conta con 23 concellos, dos cales oito teñen consideración de cidade (en letra grosa):

Antigos concellos[editar | editar a fonte]

  • Jyväskylän mlk.vaakuna.svg Jyväskylän maalaiskunta (agora Jyväskylä)
  • Jämsänkoski.vaakuna.svg Jämsänkoski (agora Jämsä)
  • Konginkangas.vaakuna.svg Konginkangas (agora Äänekoski)
  • Korpilahti.vaakuna.svg Korpilahti (agora Jyväskylä)
  • Koskenpää.vaakuna.svg Koskenpää (agora Jämsä)
  • Leivonmäki.vaakuna.svg Leivonmäki (agora Joutsa)
  • Pihlajavesi.vaakuna.svg Pihlajavesi (agora Keuruu)
  • Pylkönmäki.vaakuna.svg Pylkönmäki (agora Saarijärvi)
  • Sumiainen.vaakuna.svg Sumiainen (agora Äänekoski)
  • Äänekoski.vaakuna.svg Suolahti (agora Äänekoski)
  • Säynätsalo.vaakuna.svg Säynätsalo (agora Jyväskylä)
  • Äänekosken mlk.vaakuna.svg Äänekosken maalaiskunta (agora Äänekoski)

Política[editar | editar a fonte]

As eleccións parlamentarias de 2011 en Finlandia Central deron os seguintes resultados:

  • Partido de Centro 21.8%
  • Partido Socialdemócrata de Finlandia 21.2%
  • Finlandeses Auténticos 18.1%
  • Partido de Coalición Nacional 15.0%
  • Alianza de Esquerda 9.0%
  • Liga Verde 6.5%
  • Demócrata-Cristiáns 6.4%

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Finlandia_Central&oldid=5104702"