Florencio Pol Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Florencio Pol Ramos
Nacemento1824
Falecemento3 de xullo de 1902
 Ordes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
FillosCarlos Pol Caamaño
editar datos en Wikidata ]

Florencio Pol Ramos España, nado en 1824 e finado na Coruña o 3 de xullo de 1902, foi un notario e teósofo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi notario e escribán en Ordes dende 1852, onde financiou e promoveu a construción dun cemiterio civil gratuíto. Coa chegada da I República (1873), participou na constitución dun comité federal en Ordes. En 1888 viaxou a Barcelona para apoiar a Romero Robledo. Dende 1885 aplicou curas magnéticas a miles de pacientes. Publicou artigos en Brisas y Tormentas e na revista esotérica Sophia, órgano oficial da Sociedad Teosófica. Entre 1873 e 1891 foi Presidente de Grupo desta sociedade. Publicou artigos de opinión sobre fenómenos paranormais acontecidos en España e Galicia. Foi tamén un estudoso da Biblia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Espejo de Diputados.
  • Secreto Redentor según Roma Redimida.
  • Inexistencia de la materia y existencia y modos vitales del Absoluto Ser, 1890.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Francisca Caamaño Quiroga e foi pai de Carlos e Julio Pol Caamaño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Florencio_Pol_Ramos&oldid=5199536"