Florencio Rodríguez Vaamonde
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Florencio Rodríguez Vaamonde | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1807 |
Tui | |
Falecemento | 10 de xuño de 1886 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Florencio Rodríguez Vaamonde, nado en Tui o 22 de febreiro de 1807 e finado en Madrid o 10 de xuño de 1886, foi un político e xurista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Pertenceu ao Partido Moderado. Foi fiscal do xulgado de Tui (1837-1838), deputado a Cortes por Pontevedra en catro lexislaturas (1839-1846) e por Ribadavia (1846-1847) e senador pola provincia da Coruña (1876-1877). Foi designado ministro de Graza e Xustiza (1847) e de Gobernación (1863-1864), e pertenceu á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da que foi presidente (1869-1886) e á que representou como senador (1877-1886).
Predecesor: Juan Bravo Murillo |
Ministro de Graza e Xustiza 1847 |
Sucesor: Florencio García Goyena |
Predecesor: Antonio Aguilar Correa |
Ministro de Gobernación 1863-1864 |
Sucesor: Antonio Benavides |
Obras[editar | editar a fonte]
- Ensayo sobre la prisión por deudas, 1867
- Estudio sobre la propiedad enfitéutica: y las leyes de 20 de agosto y 16 de septiembre de 1873 relativas a la redención de foros y otras cargas territoriales, 1883.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|