Foro do bo burgo de Castro Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Foro do burgo de Castro Caldelas")
Foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilexio dado polo rei Afonso VIII. Primeiro documento real en lingua galega. Allariz, 1228.

O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é o documento máis antigo escrito en galego que se coñece no territorio que actualmente constitúe Galiza, entregado en abril de 1228. Neste texto o rei Afonso IX de León outorga ós cidadáns desta vila os seus foros e regula o seu réxime.

O texto comeza así:

Eu don Alfonso porla gratia de Deus Rey de Leon a vos omes [do boo Burgo?], assy aos presentes como aos que an de víír, et a vossos fillos et a toda vossa generacion faço karta de donacion et texto de firmidũe, et dou a vos foros en que sempre vivades.[1]

O documento foi redactado por un notario do concello de Allariz.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Foro_do_bo_burgo_de_Castro_Caldelas&oldid=4296912"