Fractura da diáfise umeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Úmero humano. A diáfise umeral é a parte alongada e fina do óso.

Para outro tipo de fractura no úmero: Fractura umeral

A fractura da diáfise umeral é unha fractura que afecta á parte diafisaria do óso do mesmo nome, o úmero. O tratamento deste tipo de fracturas adoita ser ortopédico. Somentes nos casos máis graves o tratamento é mediante cirurxía. A fractura diafisaria do terzo medio en persoas novas é unha das indicacións de tratamento cirurxico. Tamén son subsidiarios de tratamento cirúrxico as persoas obesas, xa que o tratamento ortopédico nestes doentes sería de moi difícil control. As fracturas da diáfise umeral poden presentar adoito moitas complicacións, xa que por este óso pasan nervios, arterias e veas importantes para o organismo. O principal problema neste tipo de fracturas é a lesión do nervio radial


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fractura_da_diáfise_umeral&oldid=4797001"