Francisco Botas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Botas Ratera")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Francisco Botas
Nacemento 1967
  Ferrol
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Francisco Botas Ratera, nado en Ferrol en 1967, é un banqueiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Economía, Empresas e Dereito na Universidade Pontificia de Comillas, e posteriormente especializouse en finanzas internacionais na Universidade de California, Berkeley. Comezou traballando como auditor e consultor na firma estadounidense KPMG, unda das catro maiores do mundo no seu sector, e despois na consultora francesa Capgemini.

En 1998 fichouno o Banco Etcheverría como director xeral, e despois como conselleiro delegado. Botas xestionou a entidade ata a súa compra por parte de Banesco, a entidade venezolana dirixida por Juan Carlos Escotet, en 2012. Continuou no posto trala venda, e iniciou o proceso de expansión ao abeiro de NCG Banco, entidade coa que xa compartía o Banco Etcheverría algunhas fases da súa operativa. Primeiro, en maio de 2013, mércalle o banco de Betanzos a NCG Banco 67 oficinas fóra de Galicia, e posteriormente toda a entidade, en decembro de 2013.

En marzo de 2014, e á vista da dilación no proceso de fusión entre as entidades, pasou a ser o director xeral de NCG Banco.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Botas&oldid=4714989"