Francisco González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco González en abril de 2014.

Francisco González Rodríguez, nado en Chantada o 19 de outubro de 1944, é un banqueiro galego. Desde o mes de xaneiro de 2000 é o presidente do BBVA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Iniciou a súa carreira profesional en 1964 e anos despois fundou a sociedade de valores FG Investimentos Bolsistas, que se converteu na primeira firma bolsista independente de España e que foi adquirida posteriormente por Merrill Lynch.

Francisco González é tamén corredor de comercio (número un da promoción de 1980) e axente de cambio e bolsa da Bolsa de Madrid. Foi membro da Comisión Executiva da Bolsa de Madrid e da Comisión Executiva de Bancoval.

Foi presidente da maior sociedade bancaria pública española, Argentaria de 1996 a 1999. Nesa época liderou a integración, transformación e privatización dun grupo moi diverso de bancos públicos. Durante este período foi tamén membro do consello de administración de Endesa, do Banco Hipotecario de España, do Banco Exterior de España, da Caixa Postal e do Banco de Crédito Local. A partir de 2000, e grazas á fusión co Banco Bilbao Vizcaya, converteuse no presidente da sociedade resultante

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Francisco González é presidente da European Financial Services Roundtable (EFR) e membro do consello do Institute for International Finance (IIF), do Institut Européen d'Études Bancaires (IIEB), do consello do Capital Markets Consultative Group do FMI, do consello da International Monetary Conference, do Global Advisory Council de The Conference Board, e do comité asesor internacional da Reserva Federal de Nova York.

Tamén é presidente da Fundación BBVA e patrón da Cruz Vermella, a Fundación de Axuda contra a Drogadicción, a Fundación Víctimas del Terrorismo, o Museo Guggenheim de Bilbao, o Museo de Belas Artes de Bilbao, a Fundación Príncipe de Asturias, o Real Instituto Elcano, a Fundación Carolina, o ESADE, a FEDEA, a Fundación de Estudos Financeiros, o Instituto de Estudos Económicos e o Institut Europeu da Mediterránia.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_González&oldid=4385179"