Francisco López Barxas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco López Barxas
Paco López-Barxas Feira do libro Coruña 2017 2.jpg
Paco López Barxas na feira do libro da Coruña de 2017 na firma do seu libro Confieso que he leído.
Nacemento24 de abril de 1952
 Ponte Barxas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Francisco López Rodríguez, coñecido co heterónimo Francisco López Barxas, nado en Ponte Barxas (Padrenda) o 24 de abril de 1952, é un escritor, xornalista e crítico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e viviu nesta cidade durante varios anos, traballando como crítico literario, dirixindo revistas de literatura e tamén como profesor de lingua e literatura española. A comezos da década dos noventa regresa a Galicia para encargarse da dirección do Xornal Diario, un medio editado en Pontevedra que desapareceu en 1992.

En 2000 consegue un posto como editor do informativo Bos días, da TVG, traballo no que continúa ata 2003, cando ascende ao cargo de redactor xefe de informativos desa cadea. En 2005, deixa o posto.

En 2009, logo da vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, é designado director xeral de Promoción e difusión cultural, dentro da consellería de Cultura e Turismo. Meses despois reestrutúranse as competencias e López Barxas pasa a ser director xeral do Libro, bibliotecas e arquivos, posto no que permanece ata que cesa en xaneiro de 2012.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Entorno a Antonio Machado (1988)
  • Zelos no ofenden al sol (1988)
  • Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última (canda César Antonio Molina, 1991)
  • Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo (1991)
  • Ferrán Pérez Churruchao (2001)
  • Palabra de autor, palabra de autora (2005)
  • No xardín das mandrágoras (2006)
  • O ladrón de paxaros (2006)
  • Sar e Sarela e os monstros de Compostela (2006)
  • A avoa do nobelo branco (2009)
  • Tom e Mix, os cabalos de Clara (2009)
  • Os tesouros da illa de Granellandia (2012)
  • Mazurca para Camilo José Cela (2016)
  • Pedro , ladrón de historias (2017)
  • Confieso que he leído (2017)[1]
  • Nemo y Sabela polos parques de Compostela (2017)
  • A historia de Ramón (2019)[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Confieso que he leído". Hércules de Ediciones. 
  2. José Miguel Giráldez (7 de xaneiro de 2019). "López-Barxas publica un relato sobre Pedrayo". El Correo Gallego. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_López_Barxas&oldid=5111394"