Francisco Lourido Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Lourido Sánchez
Nacemento1847
 Foz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Francisco Lourido Sánchez, nado en Vilasindre (Cangas, Foz) o 23 de novembro de 1847 e finado en Arecibo (Puerto Rico) no primeiro cuarto do século XX, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Esteban Lourido Rivas (alcalde de Foz de 1865 a 1867) e Joaquina Sánchez Baño, de Xuances (Xove). Emigrou con 19 anos a illa de Puerto Rico. Despois pasou a Cuba. En 1883 residía na Habana onde publicaba poesías na prensa, principalmente en El Eco de Galicia. Tamén publicou en galego o poema "Dúas almas amigas" en O Tio Marcos d'a Portela e "Os dous compadres" (conto en prosa versada) en A Gaita Gallega. En Porto Rico publicou o libro de poemas Genialidades (1897). Composicións súas apareceron en O Novo Galiciano, Cultura Gallega e Vida Gallega.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Avelina Cao, a súa filla Consuelo Lourido Cao casou con José Ramón Vázquez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Lourido_Sánchez&oldid=5199491"