Fran Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Rivera Ordóñez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fran Rivera
Francisco Rivera Ordóñez 20minutos.jpg
Nome completoFrancisco de Asís Rivera Ordóñez
Nacemento3 de xaneiro de 1974
 Madrid, España España
NacionalidadeEspaña
OcupaciónToureiro
PaiFrancisco Rivera "Paquirri"
NaiCarmina Ordóñez
CónxuxeEugenia Martínez de Irujo, 12th Duchess of Montoro
IrmánsKiko Rivera e Cayetano Rivera
editar datos en Wikidata ]

Francisco de Asís Rivera Ordóñez, coñecido como Fran Rivera, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1974, é un toureiro español. Foi premiado coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Foi duque consorte de Montoro entre 1998 e 2002.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pertence a toda unha gran dinastía de toureiros: fillo de Francisco Rivera, Paquirri e Carmina Ordóñez; irmán de Cayetano Rivera Ordóñez; neto de Antonio Ordóñez e Antonio Rivera Alvarado, un tío avó é Luis Miguel Dominguín. Ten dous irmáns máis: un por parte de pai, Kiko Rivera, nacido da súa relación con Isabel Pantoja e un por parte de nai, Julián, nacido da súa relación con Julián Contreras.

Perdeu ao seu pai en 1984 e foi o seu avó Antonio Ordóñez quen verdadeiramente o iniciou no mundo do touro, ao crer que tiña caste. A súa presentación como novillero produciuse o 7 de agosto de 1991, en Ronda, na praza que rexentaba o avó (que tamén era o seu apoderado) toureou con picadores. O seu debut con cabalos foi en Ronda o 31 de maio de 1992.

O seu debut foi en Las Ventas, o 25 de abril de 1994, como compañeiros tivo nesa ocasión a Rodolfo Núñez e Víctor Puerto, sendo os xatos da gandería Torrestrella.[1]

Con 21 anos toma a alternativa, o 23 de abril de 1995, da man de Juan Antonio Ruiz "Espartaco" en La Maestranza tendo como testemuña a Jesulín de Ubrique, conseguindo un triunfo. Pasou de ser neto e fillo de dúas figuras do toureo, a ser un toureiro con identidade propia. Nesa mesma semana, e na mesma praza obtén de novo un triunfo, cortando as dúas orellas a un touro de Sánchez de Ybargüen, converténdose desde entón en figura do toureo.

Confirma alternativa en Madrid o 23 de maio de 1996, compartindo cartel con Joselito e Enrique Ponce, ante touros de Samuel Flores. Rivera Ordóñez faise respectar ese día toureando ao natural e ratifica a súa categoría días despois ante touros dos Bayones. Nesa tempada enfúndase o traxe de luces máis de cen tardes.

O 17 de agosto de 2008 celebra a súa corrida número 1000, pechándose con seis touros na praza de Estepona onde cortou 4 orellas e un rabo. Os beneficios desta corrida foron destinados á loita contra a fibrose quística.

A partir de agosto de 2010, nos carteis das prazas aparece anunciado co nome do seu pai Francisco Rivera «Paquirri».

O 13 de outubro de 2012 anuncia a súa retirada do mundo dos touros.[2] Dous anos despois fixo a súa reaparición en Olivenza o 8 de marzo de 2015. O 10 de agosto de 2015 recibiu unha profunda cornada na praza de touros de Huesca, causándolle danos graves no baixo ventre.[3]

Vida privada[editar | editar a fonte]

O 23 de outubro de 1998 contraeu matrimonio na catedral de Sevilla con Eugenia Martínez de Irujo, duquesa de Montoro, filla da Duquesa de Alba. O 15 de outubro de 1999 tiveron unha filla chamada Cayetana e en 2002 divorciáronse de mutuo acordo.

O 14 de setembro de 2013 volveu contraer matrimonio na leira do Recreo de San Cayetano en Ronda, con Lourdes Montes (sobriña política do cantante José Manuel Soto). O 12 de xullo de 2014 Francisco casou católicamente con Lourdes na Capela dos Mariñeiros, en Triana. O 19 de agosto de 2015 tiveron unha filla chamada Carmen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yahoo! Corazón - Francisco Rivera Ordoñez". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2007. Consultado o 08 de abril de 2016. 
  2. "Rivera Ordóñez retírase despois de 17 tempadas como matador de touros". 13 de outubro de 2012. 
  3. «Francisco Rivera corneado gravemente en el bajo vientre.» El Mundo. Consultado o 11 de agosto de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fran_Rivera&oldid=4970616"