Francisco Suárez Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Suárez Salgado
Almanaque Gallego, 1898, p. 38, Francisco Suarez Salgado.jpg
Nacemento 13 de febreiro de 1862
  Beba
Falecemento 20 de agosto de 1910
  Os Ánxeles, Brión
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Suárez Salgado, nado en Beba (Mazaricos) o 13 de febreiro de 1862 e finado nos Ánxeles (Brión) o 20 de agosto de 1910, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

"El alma de Galicia encarnada en Rosalía de Castro" en Á Rosalía Castro, en el duodécimo aniversario de su muerte, los gallegos residentes en la República Argentina. PDF.

Cursou estudos de humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago. Dedicouse ao xornalismo, comezando en La Cruz, de Santiago, con composicións satíricas moi celebradas; colaborou tamén en El Libredón, Gaceta de Galicia, El Ciclón e El Pensamiento Galaico de Santiago, La Voz de Galicia da Coruña, El Siglo Futuro, El Noticiero e El Imparcial de Madrid. En Compostela fundou o semanario político-literario La Verdad e en Carril Varapalo de Picaños.

En 1885 emigrou a Buenos Aires, onde seguiu exercendo a carreira sacerdotal como párroco de Quilmes (1887-1893)[1] e colaborando na prensa da capital arxentina. En 1898 regresou definitivamente a Galicia, como representante en Europa do periódico El Eco de Galicia e en 1903 fundou en Santiago de Compostela a revista Acción Católica, que tamén dirixiu, e cursou a carreira de dereito.

Destacou como orador, sendo o primeiro sacerdote que utilizou o galego nos seus discursos patrióticos. Das súas conferencias e discursos destaca o titulado "A alma galega encarnada en Rosalía de Castro".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sacerdotes que ejercieron su ministerio en la Catedral desde los comienzos hasta nuestros días". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Suárez_Salgado&oldid=4896118"