Francisco de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco de Castro
AlcumeFarruco
Nacemento1672
 Madrid
Falecemento2 de outubro de 1713
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Francisco de Castro, nado en Madrid en 1672 e finado na mesma cidade o 2 de outubro de 1713, foi un escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alcumado Farruco, Francisco de Castro foi un dos últimos entremesistas do Teatro Barroco, ademais dun famoso comediante que traballou nas compañías da Corte desde finais do século XVII ata a súa morte. Fixo, sobre todo, papeis de gracioso e de barba, alcanzando con eles unha gran fama que lle valeu, en ocasións, poder actuar para os reis da época.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Castro é unha das máis extensas entre os autores do teatro breve. Componse de trinta e oito entremeses, once mojigangas e fins de festa, cinco bailes e unha loa. É interesante, sobre todo, a inclusión nas súas pezas breves de elementos populares, coma os xigantóns. Tamén destaca a presenza continua do gracioso galego, papel que el mesmo interpretaba.

Títulos[editar | editar a fonte]

Títulos importantes son:

  • Francisco, ¿qué tienes?
  • Los chirlos mirlos
  • La burla del sombrero
  • El antojo de la gallega
  • Las figuras, El vejete enamorado
  • El reto
  • La fantasma
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_de_Castro&oldid=4654388"