Freddie Mercury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Freddie Mercury
Freddie Mercury performing in New Haven, CT, November 1977.jpg
Freddie Mercury en directo con Queen en 1977.
Nome completoFarrokh Bomi Bulsara, tamén Frederick Bulsara Mercury
AliasFreddie Mercury
Nacemento5 de setembro de 1946
Stone TownFlag of Zanzibar.svg Zanzíbar
OrixeZanzibar
Falecemento24 de novembro de 1991 (45 anos)
Londres Reino Unido Reino Unido
 Kensington
OcupaciónMúsico, compositor, produtor, pianista, guitarrista, cantante
XéneroHard Rock
Rock progresivo
Glam Rock
Pop Rock
Heavy Metal
Ópera rock
Piano rock
Ópera
Instrumento(s)Voz, guitarra, piano
Tipo de voztenor lixeiro
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Polydor, EMI, Parlophone, Hollywood Records
Relacionado conQueen
Tempo en activo1958 - 1991
Na rede
Freddie Mercury en IMD
Freddie Mercury signature 2.svg
editar datos en Wikidata ]

Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara[1][2] en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista.

Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como Killer Queen, Rhapsody Bohemian, Somebody to Love, We Are the Champions, Don't Stop Me Now, Crazy Little Thing Called Love. Ademais da actividade coa banda, nos anos oitenta lanzou a súa carreira en solitario, o que o levou a publicar dous discos, Mr. Bad Guy (1985) e Barcelona (1988), este último en colaboración coa soprano española Montserrat Caballé. Unha colaboración entre ambos, foi a canción oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Morreu dunha bronconeumonía complicada pola SIDA o 24 de novembro de 1991, só un día despois de anunciar oficialmente que tiña esta última enfermidade. En 2006, a revista Time Asia nomeouno como un dos heroes asiáticos máis influyentes dos últimos sesenta anos.En 2005, nunha entrevista organizada por Blender e MTV2, foi nomeado o mellor cantante masculino de todos os tempos. En 2008, a revista estadounidense Rolling Stone colocouno no 18º lugar da lista dos 100 mellores cantantes de todos os tempos, mentres que Classic Rock, ao ano seguinte, considerouno o mellor cantante de rock da historia. Pola súa banda, Allmusic definiu a Mercurio como "un dos líderes máis carismáticos e dinámicos da historia do rock"

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun funcionario da Corte Suprema do goberno británico, e de Jer Bulsara. Tivo unha irmá, Kashmira Bulsara-Cooke. Ó pouco tempo, os seus pais trasladáronse a Bombai. En 1954 foise a estudar ó colexio St. Peter en Panchagani, a uns 80 quilómetros de Bombai. Foi alí onde os seus amigos comezaron a chamalo Freddie, nome que a familia tamén adoptou.

Foi unha das voces máis recoñecidas do rock no século XX, dotada dun extraordinario rexistro (cubría tres oitavas e media), e coa que cantou unha gran variedade de estilos musicais.

Tanto a carreira como vocalista principal do grupo Queen como en solitario foron moi exitosas, realizando os concertos con maior asistencia da época.

Entre as súas numerosas interpretacións cabe destacar o seu disco coa diva Montserrat Caballé para a que escribiu unha canción dedicada á súa cidade, Barcelona, que posteriormente sería seleccionada para ser cantada nos Xogos Olímpicos de 1992, aínda que desgraciadamente non puido interpretala alí como estaba previsto, debido á súa temperá morte, sendo substituído polo tenor José Carreras[Cómpre referencia].

Faleceu a causa da SIDA, un día despois de anunciar publicamente a grave enfermidade que padecía.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Certificado de nacemento de Farrokh Bulsara". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de setembro de 2011. 
  2. "Freddie Mercury (real name Farrokh Bulsara) Biography". Inout Star. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Freddie_Mercury&oldid=5037368"