Fredrik Bajer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fredrik Bajer
Nobel prize medal.svg
Frederik Bajer by E. Møller.jpg
Nacemento21 de abril de 1837
 Nästved, Dinamarca Dinamarca
Falecemento22 de xaneiro de 1922 (84 anos)
 Copenhaguen, Dinamarca Dinamarca
NacionalidadeDinamarca
OcupaciónEscritor, pacifista e político
CónxuxeMatilde Bajer
PremiosPremio Nobel da Paz
editar datos en Wikidata ]

Fredrik Bajer, nado en Nästved o 21 de abril de 1837 e finado en Copenhaguen o 22 de xaneiro de 1922, foi un escritor, pacifista e político dinamarqués. En 1908 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun pastor luterano, serviu como oficial no exército dinamarqués, loitou na guerra contra Prusia e Austria de 1864 e alcanzou o grao de tenente primeiro, desmobilizado en 1865, estableceuse en Copenhaguen como profesor, tradutor e escritor.

En 1872 entrou no Folketing, apoiou moitas organizacións pacifistas en Dinamarca e en Europa. En 1882 foi un dos fundadores da Asociación Danesa para a Paz e da Oficina Internacional para a Paz, en Berna (1891).

No seu discurso de recepción do Premio Nobel fixo algunhas suxestións para mellorar o traballo pola paz, incluíndo o apoio á lingua internacional esperanto.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fredrik Bajer - Nobel Lecture: The Organization of the Peace Movement". www.nobelprize.org. Consultado o 2018-04-01. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fredrik_Bajer&oldid=4701515"