Frisia (histórica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Frisia")
Mapa da Frisia histórica.
Frisia. Distribución histórica dos frisios. Con raias as zonas onde se fala hoxe en día frisón.

Frisia (na lingua frisia Fryslân Fy-Fryslân.ogg [ˈfrislɔ̃ːn] ) é unha rexión histórica do noroeste de Europa, sobre o litoral do mar do Norte, que se estende desde o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña (Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), ata alcanzar o sueste de Xutlandia en Dinamarca. Os seus habitantes denomínanse frisóns e a súa lingua chámase tamén o frisón.

Esta rexión componse de:

O nome de Frisia dáse tamén a diversas entidades políticas menores actuais:

  • a Frisia, unha provincia bilingüe do norte neerlandés;
  • a Frisia occidental (West-Friesland), rexión da provincia de Hollanda Septentrionale, sita no noroeste neerlandés.

As illas de Frisia[editar | editar a fonte]

Cabe aínda ter conta:

  • As illas da Frisia ou illas frisoas que constitúen un arquipélago paralelo á costa da Frisia continental, que se estende desde o norte dos Países baixos ata Dinamarca, e que toma as denominacións correspondentes á Frisia litoral:
  • illas da Frisia oriental
  • illas Frisoas setentrionais

Unha parte do antigo ducado de Oldenburg, a occidente da Frisia oriental, coñécese tamén como Frisia (Friesland).

Denominacións autóctonas[editar | editar a fonte]

A Frisia denomínase en frisón occidental Fryslân; en frisón setentrional Fraschlönj; en frisón oriental Fräislound ; en baixo-saxón occidental Freesland; en alemán e neerlandés Friesland e, por último, en danés Frislan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Frisia_(histórica)&oldid=4566722"