Fritz Zwicky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Fritz Zwicky, nado o 14 de febreiro de 1898 en Varna (Bulgaria) e falecido o 8 de febreiro de 1974 en Pasadena (California, nos Estados Unidos), foi un astrónomo e físico de orixe búlgara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1925 viaxou a Estados Unidos, ao "CaLTech", o Instituto de Tecnoloxía de California, convidado polo seu director Robert Millikan. No ano 1933 observando o clúster de Coma, atopou que a velocidade de rotación excedía a calculada con base na materia ordinaria, polo que teorizou a existencia dunha materia escura, ou "dunkle materiae". Este fenómeno foi confirmado de novo respecto do cúmulo de Virgo polo astrónomo Synclair Smith no ano 1937.

Durante a Segunda Guerra Mundial traballou no campo da balística, e propulsión de cohetes, recibindo a Medalla da Liberdade dos Estados Unidos no ano 1949.

Existen varios cráteres da Lúa co seu nome, en 1976 a IAU aprobou nomear o cráter de 129,4 km de diámetro coma cráter Zwicky[1], no ano 2006 a IAU nomeou os cráteres Zwicky N (de 28,47 km de diámetro)[2], Zwicky R (de 28,99 km de diámetro)[3], e Zwicky S (de 46,13 km de diámetro)[4].

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fritz_Zwicky&oldid=4630479"