Fundación Penzol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′18.13″N 8°43′32.5″O / 42.2383694, -8.725694

Fundación Penzol
Medalla de Galiza.svg
Casa Galega da CUltura 1.jpg
Sede da Fundación Penzol.
TipoCultural
Data de creación5 de maio de 1963
PresidenteManuel Puga Pereira
SedePraza da Princesa, Vigo
ÁmbitoGalicia
WebFundación Penzol

A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. O fondo inicial da fundación, que consistiu en 7 751 libros, 6 012 folletos e moitas revistas periódicas, manuscritos e documentos,[1] foise ampliando e agora ten unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45 000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza.

Placa.

Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.

A primeira sede da biblioteca instalouse na rúa Policarpo Sanz de Vigo, para despois trasladarse á Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa.

Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fundación_Penzol&oldid=4777320"