Göbekli Tepe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Göbekli Tepe
Göbekli Tepe.jpg
Vista panorámica do lado sur da escavación
Smithsonian map göbekli tepe.jpg
Localización do sitio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísTurquía Turquía
Localización37°13′23″N 38°55′21″L / 37.22306, -38.92250
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición2018 (42º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1572

Göbekli Tepe é un sitio arqueolóxico do inicio do neolítico, contra o IX milenio a. C., situado ao sueste da actual Turquía, preto da fronteira con Siria.

Historia[editar | editar a fonte]

O asentamenbto, actualmente escavado por arqueólogos xermanos e turcos, foi descuberto no 1963. Tívose que agardar ata mediados dos anos 1990 para que científicos alemáns do Deutsche Archäologische Institut (DAI) iniciasen a exploración do lugar. O DAI considera a Göbekli Tepe como o lugar de culto relixioso máis antigo do mundo[Cómpre referencia].

Composición e características[editar | editar a fonte]

O conxunto está composto principalmente por columnas de tres metros de altura escavada a partir da rocha da cima. As prospeccións xeomagnéticas indican que debe de haber unhas 200 delas. Estes monólitos están cubertos de relevos gravados con figuras de animais. En moitos dos relevos descubríronse signos abstractos e xeométricos.

Göbekli Tepe puido ser un espazo dedicado ao culto funerario. Non lle encontraron ningún vestixio de ser habitado. Este lugar nunca foi destruído, simplemente foi enterrado premeditadamente, con terra e pedras. A DAI prognostica que a exploración se estenderá durante máis de dúas décadas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Göbekli_Tepe&oldid=5120430"