Gallia Lugdunensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gallia Lugdunensis
Provinciaromana-Lugdunense-pt.svg
EstadoImperio romano
CapitalLugdunum
 • Totaln/d
 • Totaln/d
 • Densidaden/d
Código ISOn/d

A Gallia Lugdunensis (Galia Lionesa) era unha das tres provincias (Aquitania, Bélxica e Lionesa) en que se dividía a Galia romana creadas por Octavio Augusto en 27 adC. Integraba unha banda territorial que ía desde Lugdunum (Lión), a capital da provincia, até a Armórica, as actuais Bretaña e Normandía, incluíndo todo o val do Loira.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa creación responde a razóns étnicas e políticas. A Galia Lionesa agrupaba unha serie de tribos galas culturalmente próximas e diferentes das da Aquitania e Bélxica romanas. Estas tribos da ocupaban unha importante rexión central na Galia, o que levou aos romanos a dividila para evitar levantamentos, incluíndo a súa parte setentrional na Bélxica e a meridional na Aquitania.

A Galia Lionesa era unha provincia imperial e, por tanto, encontrábase baixo a autoridade do emperador romano a través dun gobernador chamados legatus (legado). A súa capital, Lugdunum (Lión), era tamén a da Galia toda e nela residía o prefecto da mesma. O papel privilexiado de Lugdunum, situada estratexicamente no val do Ródano, reforzouse coa presenza dunha fábrica de moedas imperial e coa do santuario federal das tres Galias, dedicado ao culto de Roma e Augusto.

Alén de Lugdunum, as principais cidades romanas da Galia Lionesa eran Augustodunum (Autun), Lutetia (París), Condate (Rennes), Rotomagus (Ruán ), Iuliomagus (Angers), Caesarodunum (Tours) e Augustodurum (Bayeux).

Reforma de Diocleciano[editar | editar a fonte]

Lugdunensis I; Lugdunensis II
Lugdunensis III; Lugdunensis IV
Roman Gaul - AD 400.png
Lema: Diocese da Glia coas catro lugdunensis, aprox. 400
EstadoImperio romano
CapitalLugdunum (I)
Rotômago (II)
Cesaroduno (III)
Agedinco (IV)
 • Totaln/d
 • Totaln/d
 • Densidaden/d
Código ISOn/d

No 297, durante a reforma de Diocleciano (284-305), a Lugdunense dividiuse en dúas provincias:

  • Lugdunense I (ou Prima), con capital en Lugduno.
  • Lugdunense II (ou Secunda), con capital en Rotômago (Ruán).

Logo, durante o reinado de Constantino (306-337), volvéronse a subdividir:

  • Lugdunense I permaneceu cos territorios dos vales do Saona e do Alier.
  • Lugdunense IV foi separada de Lugdunense I e chegou a abarcar a rexión de Orleáns, ao sur de Illa de Francia, con capital en Agedinco (tamén chamada de Senones; Sens)
  • Lugdunense II actual Normandía.
  • Lugdunense III foi separado do Lugdunense II e chegou a abarcar Bretaña, Anjou e Touraine, con capital en Cesaroduno (Tours).

Os catro foron subordinados á nova Diocese da Galia da Prefectura pretoriana da Galia.

Desde o século III, os bretóns, procedentes da Gran Bretaña (a Britannia romana), foron ocupando progresivamente o norte e o oeste da Península armoricana. Estes acabaron por se rebelar contra o poder romano cara a 450. Co tempo, os sucesivos reis francos até Carlomagno tiveron de se enfrontar ás ansias de independencia dos bretóns, quen acabaron por crear o Ducado de Bretaña no século IX.

A Lionesa Primeira foi ocupada polos burgundios contra 460, aínda que na Segunda e na Cuarta a presenza romana prolongouse durante case todo o século V, até 486, ano da derrota de Siagrio fronte aos francos, que integraron estas provincias na Neustria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gallia_Lugdunensis&oldid=5192422"