Gaspar Massó García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gaspar Massó García
Nacemento 1892
  Bueu
Falecemento 1991
  Vigo
Nacionalidade España
Ocupación empresario, escritor e procurador das Cortes franquistas
editar datos en Wikidata ]

Gaspar Massó García, nado en Bueu en 1892 e finado en Vigo en febreiro de 1991, foi un industrial conserveiro e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Da terceira xeración da empresa conserveira Massó, foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO) entre 1935 e 1937. Colaborou na fundación do Museo de Pontevedra, no establecemento da Misión Biolóxica de Galicia, na edición de Cien obras de la colección Massó e participou na elaboración do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española (da que foi membro correspondente) con numerosas achegas técnicas. Foi procurador en Cortes (1943-1946), en como empresario pertencente ao Sindicato Nacional de Pesca.

Xerou abundantes patentes de maquinaria para tratar o peixe das conservas. Foi pioneiro en rotular en galego nas súas fábricas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cantares populares gallegos
  • Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra, 1964
  • Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas, 1964
  • Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera, 1967
  • Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia, 1967
  • Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal, 1975.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Muñoz Abeledo, Luisa (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "O gran patrón da industria pesqueira e conserveira" in Empresarios de Galicia. pp. 413–431. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gaspar_Massó_García&oldid=4683578"