Gato dourado africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gato dourado africano
Caracal aurata
FelisAurataKeulemans.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Caracal
Especie: C. aurata
Nome binomial
Caracal aurata
(Temminck, 1827)
Especie tipo
Felis aurata
Temminck, 1827
     Área de distribución confirmada de C. aurata.      Presenza posíbel ou erro de recoñecemento.

     Área de distribución confirmada de C. aurata.      Presenza posíbel ou erro de recoñecemento.
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Profelis aurata (Temminck, 1827)

O gato dorado africano, Caracal aurata,[1] é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.

É un gato de tamaño medio que vive nas selvas tropicais húmidas de África central e occidental, desde Guinea Bissau ás rexións fronteirizas de Kenya e Tanzania, incluíndo toda a cunca do río Congo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1827 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, co nome de Felis aurata a partir dun exemplar da zona costeira do golfo da Guinea.[2]

Variacións e controversias taxonómicas[editar | editar a fonte]

Posteriormente foi clasificado dentro do xénero Profelis, xunto ao gato doraudo asiático e ao gato de Borneo. Estes dous animais foron trasladados a un xénero diferente, Catopuma, (Catopuma temminckii e Catopuma badia, respectivamente), ao comprobarse que as similitudes co gato dourado africano obedecían a un proceso de converxencia evolutiva e non a un estreito parentesco. Na década de 2010 incluíuse no xénero Caracal.[1]

Pero durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[3][4]

Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse ao gato dourado africano no xénero Felis ou no Profelis.[5]

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e o gato dourado africano están intimamente ligados.[6]

E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, o gato dourado africano e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[6][7]

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para o gato dourado africano.[1] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:

Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:[6][8]

Por outra parte, algúnos autores consideran válido o nome de Profelis aurata para esta especie.[2][9][10][11][12] sendo o único membro deste xénero.[13][10][11][14] De prevalecer esta postura, tanto os xéneros Caracal como Profelis serían monotípicos.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñecense dúas subespecies:[2]

  • Caracal aurata aurata (Temminck, 1827)
  • Caracal aurata cottoni (Lydekker, 1907)

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Desde 2006, as relacións filoxenéticas do caracal establecéronse como se indica a continuación:[6][15]



Pardofelis

Gato marmorado (P. marmorata)


Catopuma

Gato rubio de Borneo (Catopuma badia)



Gato dourado asiático (Catopuma temminckii)





 




Caracal
(liñaxe)
Leptailurus

Serval (L. serval)


Caracal

Caracal (Caracal caracal)



Gato dourado africano (Caracal aurata)






Leopardus




Lynx





Acinonyx



Puma






Otocolobus



Prionailurus




Felis









Características[editar | editar a fonte]

Os exemplares adultos presentan tamaños moi variábeis, entre os 61 e os 101,5 cm de longo, cunha cola de 16 a 46 cm e unha altura na cruz de 38 a 55 cm. Os machos son máis robustos que as femias, cun peso que pode variar entre os 11 e os 18 kg fronte aos de 5,5 a 6,2 que alcanzan estas. O seu aspecto xeral pódese describir como similar ao dun gato doméstico pero algo máis poderoso e alongado, coa cola curta e as orellas pequenas. A pesar dos seus nomes científico e vulgar, a cor da súa pelaxe tamén é moi variábel, cunha gama de tonalidades que van desde a avemellada á amarelada, ou incluso á gris fume. Aínda que a maior parte do cuerpo presenta unha pelaxe uniforme, pódense observar manchas de tonalidade, tamaño e formas variábeis no ventre e, eo caso de unha das subespecies, a cabeza. Estas manchas nunca son de cor negra, senón simples tonalidades algo máis escuras da súa cor xeral. Os animais que se manteñen en catividade alcanzan os 15 anos de vida.[16][17]

Bioloxía e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Aínda que nas Rexións Neotropical e Indomalaia viven varias especies de felinos simpátricos dependentes dos bosques, esta é a única de África. O gato dourado africano encóntras principalmente nas selvas tropicais húmidas primarias da África central e occidental, aínda que na periferia da súa principal área de distribución penetra nas rexións de sabana ao longo dos bosques de ribeiea. Tamén se ve en en bosques montanos e páramos alpinos no leste da súa área de distribución.[18][19] Dous estudos de excrementos, no bosque Ituri do Congo (Hart et al. 1996) e do bosque Dzanga-Sangha da República Centroafricana (Ray y Sunquist 2001), encontraron resultados similares.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Dentro da selva chuviosa, o hábitat dos gatos dourados africanos é tan variábel como o seu aspecto, o que se explica pola súa ampla área de distribución. An imais solitarios, pódense encontrar tanto en terras baixas como en montañas, nas ribeiras dos ríos e nos bosques de bambús, aínda que en todos os casos necesitan dunha bona cobertura arbórea.[16][17]

A forma de cazaren non se basea tanto na espreita como nos ataques fortuitos, tanto sobre e desde as árbores como no chan. Entre as súas presas inclúense pequenos antílopes (como os duiqueros), monos, roedores, damáns e aves. Os hábitos de apareamento non se coñecen en profundidade debido á dificultade para estudar esta especie no seu medio.[16][17]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Os roedores e os esquíos son as súas principais preas (o 70 % e o 62 %, respectivamente), seguidos por duiqueros e pequenos e medianos antílopes (25 % e 33 % respectivamente). os primates constitúen o 5 % das súa capturas nos estudos de Hart et al. e Ray e Sunquist, e hai varias observaciónes feitas por investigadores de primates de gatos dourados fricanos que cazan primates arbóreos (Ray e Butynski 2013), Bahaa-el-din et al. ). Kingdon (1977) informou sobre os mesmos constituíntes da súa dieta no Parque Nacional Bwindi de Uganda. Tamén cazan aves, e se encontraron con frecuencia restos de pangolíns en excrementos no Parque Nacional Tai de Costa do Marfil (Nowell e Jackson 1996).

Reprodución[editar | editar a fonte]

Non se coñecen detalles da súa actividade reproductiva (de feito é un dos animais menos coñecidos). As crías probabelmente nacen en ocos de árbores.[17]

Depredadores[editar | editar a fonte]

Os gatos dourados africanos forman parte da dieta do leopardo, o único felido que habita nos bosques húmidos de África. Se encontraron restos de gato dourado africano en 5 de 196 leopardos do Parque Nacional Lopé de Gabón (Henschel et al. 2005), e un único morto por un leopardo no P. N. de Ituri (Hart et al. 1996).

Status[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,3 Bahaa-el-din, L., Mills, D., Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  2. 2,02,12,2 M. E. Sunquist & F. C. Sunquist (2009). "Family Felidae (Cats)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2009). Handbook of the Mammals of the World. Vol I. Carnivores (en inglés). Barcelona: Lynx edicions. pp. 142–143. ISBN 978-84-96553-49-1. 
  3. Caracal en MSW.
  4. Caracal Gray, 1843 no ITIS.
  5. Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  6. 6,06,16,26,3 Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  7. Kingdon, Jonathan et al. 2015, p. 168.
  8. Caracal Gray 1843 en Fossilworks.
  9. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  10. 10,010,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Profelis aurata (TSN 621874)" (en inglés). 
  11. 11,011,1 Profelis. African golden cat na ADW.
  12. Flanders, Frank B. (2012): "Profelis genus" en Exploring Animal Science. New York, NY, USA: Delmar. ISBN 978-1-4354-3952-8, páx. 765.
  13. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  14. Profelis aurata no CITES.
  15. Werdelin, L.; Yamaguchi, N.; Johnson, W. E. & O'Brien, S. J. (2010): "Phylogeny and evolution of cats (Felidae)" . Biology and Conservation of Wild Felids: 59–82.
  16. 16,016,116,2 Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, pp. 142-143.
  17. 17,017,117,217,3 Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 231.
  18. Nowell, K. & Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland & Cambridge, UK.: IUNC. IUCN/SSC Cat Specialist Group.
  19. Ray, J. & Butynski, T. (2013): "Profelis aurata". En: J. Kingdon & M. Hoffmann (eds), The Mammals of Africa. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses, London: Bloomsbury Publishing.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gato_dourado_africano&oldid=4988453"