Gedeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gedeón
Semanario satírico
Portada del primer número de Gedeón, ilustración de Joaquín Moya.jpg
Portada do primeiro número.
Fundación14 de novembro de 1895
Remata13 de outubrode 1912
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
ÁmbitoEspaña
Periodicidadesemanal
ISSN1889-8734
Portada do número 1 de Gedeón (ilustración de Joaquín Moya).

Gedeón foi unha revista satírica de carácter conservador publicada na cidade española de Madrid entre 1895 e 1912.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa creación participaron 3 colaboradores da revista Blanco y Negro: Luis Royo Villanueva, Francisco Navarro Ledesma escritor e importante cervantista que foi o responsable da súa liña ideolóxica e José Roure Mezquiriz, que foi o seu primeiro director.[1]

O primeiro número da revista apareceu o 14 de novembro de 1895 e mantivo unha periodicidade semanal até o 13 de outubro de 1912 en que rematou a súa publicación. Foi clasificada dentro do seu xénero como de forte «intencionalidade política».[2]

Os principais obxectivos da sátira e crítica política da publicación foron o Partido Liberal e o Partido Socialista Obreiro Español. Dende novembro de 1898 e até xaneiro de 1899,[1] a revista foi suspendida por publicar unha ilustración caricaturizando a distintos membros do Partido Liberal, aínda así seguiría emitindo números baixo o título de «Calínez».[3]

Nela colaboraron debuxantes como Pedro Antonio Villahermosa «Sileno», Joaquín Moya, Manuel Tovar, Francesco Sancha Lengo, Beira, Joaquín Xaudaró[4] ou Ramón López Montenegro.[5] En 1904 foi adquirida por Rodrigo de Figueroa e Torres[2] e finalmente, en 1909, por Torcuato Luca de Tena[4]. Dende ese momento vencellada a empresa deste, Prensa Española, e desaparecendo como publicación independente en 1912 posto que a incorporou a unha nova cabeceira chamada Ecos, que só durou cinco meses polo que,finalmente, foi incorporada como suplemento dominical do diario ABC.[1]

O modelo de prensa satírica centrada na política terá continuidade na revista El mentidero (1913-1921).[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,4 "Gedeón na Hemeroteca Digital.BNE". Consultado o 15-05-2017. 
  2. 2,02,1 Caparrós Masegosa, Lola; Gamonal Torres (2014). "Gedeón» en las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes (1897-1912)". Cuadernos de arte de la Universidad de Granada (nº 41). 
  3. González Lozano, Cristina (Octubre 2012). "De la caricatura para la divulgación constitucional a su utilización para la crítica política. Gedeón 1898". Atticus (nº 19): 28–36. ISSN 2173-951X. 
  4. 4,04,1 Llera Ruiz, José Antonio (2003). "Una historia abreviada de la prensa satírica en España: desde "El Duende Crítico de Madrid" hasta "Gedeón"". Estudios sobre el mensaje periodístico (nº 9): 203–214. ISSN 1134-1629. 
  5. Palacios Remondo, Jesús (1975). "Ramón López Montenegro y de Frías Salaza". Berceo (Instituto de Estudios Riojanos (nº 88): 45–70. ISSN 0210-8550. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gedeón&oldid=5222817"