Gene Tierney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gene Tierney
Gene Tierney in Laura trailer.jpg
Tierney no filme Laura (1944)
Nome completo Gene Eliza Tierney
Nacemento 19 de novembro de 1920
Lugar Nova York
Falecemento 6 de novembro de 1991
Lugar Houston, Texas
Causa Enfisema pulmonar
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s) Oleg Cassini (1941–1952)
W. Howard Lee (1960–1981)
Profesión Actriz
editar datos en Wikidata ]

Gene Eliza Tierney, nada en Nova York o 19 de novembro de 1920 e finada en Houston o 6 de novembro de 1991 foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando era moza viviu dous anos en Suíza aprendendo francés. Volveu ao seu país en 1938. Durante unha viaxe á costa oeste visitou o estudio Warner Bros. O director Anatole Litvak viuna e quedou impresionado coa súa beleza, suxeríndolle que se convertese en actriz. A Warner quixo asinar un contrato, pero os seus pais negáronse. Pouco despois, aburrida da alta sociedade á que pertencía, decidiu iniciar unha carreira como actriz, estudando en Nova York.

A súa carreira profesional iniciouse en Broadway ese mesmo ano. O pai de Tierney creou unha compañía, Belle-Tier para promover a súa carreira. En 1939 asinou con Columbia Pictures un contrato por seis meses. Coñeceu a Howard Hughes, que tratou de seducila sen éxito. Porén foron amigos moitos anos. Despois de que a Columbia non conseguise atopar papeis para ela volveu ao teatro.

Finalmente, debutou no cinema en 1940 na 20th Century Fox. O seu papel máis famoso foi o do filme Laura, en 1944. Cando rematou o seu contrato en 1952 interpretou a Marya Lamarkina en Never Let Me Go, rodada en Inglaterra con Clark Gable. Tierney rodou outro filme en Europa, durante o que comezou unha relación príncipe Aly Khan, pero o seu pai, Aga Khan III, opúxose ao matrimonio.

Debido a tristes sucesos, como o nacemento dunha filla con discapacidade mental, Tierney sufriu episodios de depresión. En 1955 ingresou no Harkness Pavilion en Nova York e logo a The Institute of Living en Hartford, Connecticut, onde recibiu tratamentos de electroshock. Máis tarde converterse en voceira en contra deste tratamento, indicando que ela perdera memoria. En 1957 subiu á terraza do edificio da súa nai e estivo aló vinte minutos, no que se considera un intento de suicidio. Tras este episodio volveu ser ingresada en Topeka, Kansas.

Regresou ao cinema en 1962, recibindo de novo boas críticas, pero dous anos máis tarde retirouse e traballou unicamente na televisión ata 1980. En 1960 casou co empresario petroleiro W. Howard Lee que acababa de divorciarse de Hedy Lamarr.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1940 The Return of Frank James
1941 Hudson's Bay
1941 Tobacco Road
1941 Belle Starr
1941 Sundown
1941 The Shanghai Gesture
1942 Son of Fury: The Story of Benjamin Blake
1942 Rings on Her Fingers
1942 Thunder Birds
1942 China Girl
1943 Heaven Can Wait
1944 Laura
1945 A Bell for Adano
1945 Que o ceo a xulgue
1946 Dragonwyck
1946 The Razor's Edge
1947 O fantasma e a señora Muir
1948 The Iron Curtain
1948 That Wonderful Urge
1949 Whirlpool
1950 Night and the City
1950 Where the Sidewalk Ends
1951 The Mating Season
1951 On the Riviera
1951 The Secret of Convict Lake
1951 Close to My Heart
1952 Way of a Gaucho
1952 Plymouth Adventure
1953 Never Let Me Go
1953 Personal Affair
1954 Black Widow
1954 The Egyptian
1955 The Left Hand of God
1962 Advise and Consent
1963 Toys in the Attic
1963 Las cuatro noches de la luna llena
1964 The Pleasure Seekers

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cassini, Oleg (1987). Simon & Schuster, ed. In My Own Fashion: An Autobiography. ISBN 0-671-62640-X. 
  • Devillers, Marceau (1987). Pygmalion/G.Watelel, ed. Gene Tierney: A Biography. ISBN 2-85704-230-2. 
  • Merigeau, Pascal (1987). Paris, ed. Gene Tierney: A Biography. ISBN 2-85601-174-8. 
  • Tierney, Gene; Herskowitz, Mickey (1979). Peter Wyden, ed. Self-Portrait. ISBN 0-88326-152-9. 
  • Vogel, Michelle (2005). McFarland & Company, ed. Gene Tierney: A Biography. ISBN 0-7864-2035-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gene_Tierney&oldid=4856010"