Georg von Békésy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Georg von Békésy
Nobel prize medal.svg
Georg von Békésy nobel.jpg
Nacemento3 de xuño de 1899
 Budapest
Falecemento13 de xuño de 1972
 Honolulu
NacionalidadeHungría
Educado enUniversidade Eötvös Loránd
Ocupaciónfísico, neurocientífico, químico, autobiógrafo, catedrático de universidade e fisiólogo
PremiosPremio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Silver Leibniz medal e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Georg von Békésy (Békésy György), nado o 3 de xuño de 1899 en Budapest e finado o 13 de xuño de 1972 en Honolulú, foi un biofísico húngaro que recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1961 pola súa investigación relativa ós mecanismos físicos de estimulación da cóclea do oído.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Békésy naceu en Budapest, fillo do diplomático Alexander von Békésy e da súa dona Paula Mazaly, foi á escola en Budapest, Istambul, Múnic e Zúric. Estudou química en Berna e recibiu o doutoramento pola Universidade de Budapest en 1926.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Békésy traballou no Correo húngaro, realizando investigacións en telecomunicacións, o que lle levou a se interesar polos mecanismos do oído. En 1946 deixou Hungría e seguiu as súas investigacións no Instituto Karolinska de Suecia. En 1947 marchou ós Estados Unidos, traballando na Universidade Harvard ata 1966 ó ser nomeado profesor da Universidade de Hawaii

Investigacións[editar | editar a fonte]

Békésy desenvolveu un método para diseccionar o oído interno dos cadáveres humanos mentres deixaba a cóclea parcialmente intacta. Usando fotografías realizadas por medio dun estroboscopio e unha pequena peza de prata como marcador foi quen de observar como a membrana basilar se movía como unha onda de superficie cando recibía estímulos por medio do son. Segundo a estrutura da cóclea e a membrana basilar, diferentes frecuencias de son causan amplitudes máixmas das ondas en diferentes lugares da membrana basilar ó longo da cóclea[1]. Békésy chegou á conclusión que as súas observacións amosaban que diferentes frecuencia de onda despersabanse localmente antes de excitar diferentes axón que se movían da cóclea ó cerebro. Békésy teorizou que lugar de cada célula sensorial ó longo da espiral da cóclea correspóndes a unha frecuencia específica de son; posteriormente Békésy desenvolveu un modelo mecánico da cóclea, que confirmou o concepto de dispersión da frecuencia pola membrana basilar da cóclea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goldstein, B. 2001. Sensation and Perception, 6th ed. London: Wadsworth.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Georg_von_Békésy&oldid=4937765"