1000 12/16

George Orwell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

George Orwell
George Orwell, c. 1940.jpg
Foto que aparece na acreditación de Orwell para a Branch of the National Union of Journalists (1933)
Nome completoEric Arthur Blair
AlcumeGeorge Orwell
Nacemento25 de xuño de 1903
 Motihari
Falecemento21 de xaneiro de 1950
 Londres
Causatuberculose
SoterradoOxfordshire
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo inglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterEton College, Wellington College e St Cyprian's School
Ocupacióncorrespondente de guerra, poeta, ensaísta, xornalista, novelista, crítico literario, autobiógrafo, libreiro, guionista, escritor e escritor de ciencia ficción
CónxuxeEileen O'Shaughnessy (1935–1945, falecida)
Sonia Brownell (1949–1950)
FillosRichard Blair
Coñecido/a porThe Road to Wigan Pier, Homage to Catalonia, A revolta dos animais, 1984, Burmese Days, Coming Up for Air, Keep the Aspidistra Flying, A Clergyman's Daughter, Down and Out in Paris and London, Politics and the English Language, The Lion and the Unicorn: Socialism and the English Genius e Why I Write
PremiosPrometheus Award - Hall of Fame, Prêmio Prometheus e Hugo Award for Best Novella
editar datos en Wikidata ]

Eric Arthur Blair, nado en Motihari (India) o 25 de xuño de 1903 e finado en Londres o 21 de xaneiro de 1950, foi un escritor inglés, máis coñecido co pseudónimo de George Orwell. É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de dúas novelas fundamentais da literatura contemporánea: A revolta dos animais e Nineteen Eighty-Four (1984).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Eton College de Inglaterra grazas a unha bolsa de estudos. En decembro de 1921 ingresa nunha academia de Southwold en Suffolk para prerapar o seu ingreso na policía. Prestou os seus servizos na Policía Imperial India destinado en Birmania, de 1922 a 1927, data en que volveu a Inglaterra.

Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, viviu varios anos na pobreza, primeiro en París e máis tarde en Londres. Como resultado desta experiencia escribiu o seu primeiro libro Down and Out in Paris and London (1933), onde relata as sórdidas condicións de vida das xentes sen fogar. Burmese Days (1934), un feroz ataque contra o imperialismo, é tamén en gran medida unha obra autobiográfica. A súa seguinte novela, A Clergyman's Daughter (1935), conta a historia dunha solteirona infeliz que atopa de xeito efémero a súa liberación vivindo entre os labregos.

En 1937, durante a Guerra civil española, Orwell loitou na fronte de Aragón coa 29ª División, formada pola milicia do POUM trotskista. Durante a ofensiva de Huesca recibiu un balazo na gorxa, o que o obrigou a retirarse da guerra. Despois pasa seis meses en Marrocos para recuperarse da ferida. O autor describe a súa experiencia bélica en Homage to Catalonia (1938), un dos relatos máis conmovedores escritos sobre esta guerra e no que se fai responsable ó Partido Comunista de España (PCE) e á Unión Soviética da destrución do anarquismo español que supuxo o triunfo das tropas de Franco. The Road to Wigan Pier (1937), escrita nesta mesma época, é unha crónica desgarradora sobre a vida dos mineiros sen traballo no norte de Inglaterra.

A súa condena da sociedade totalitaria queda brillantemente plasmada nunha enxeñosa fábula de carácter alegórico, Rebelión na granxa (1945), baseada na traizón de Stalin á Revolución Rusa, así como na novela satírica 1984 (1948). Esta última ofrece unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán".
Cabe citar entre outros escritos, a novela Keep the Aspidistra Flying (1936) e Shooting an Elephant (editado en 1950 xunto con outros ensaios), ambas consideradas modelos da prosa descritiva, e unha recompilación de ensaios editada en 1953, como un recordo dos seus difíciles anos de estudante. En 1968 publicáronse en catro volumes os seus Ensaios Completos: Periodismo e Cartas.
Orwell morreu de tuberculose en xaneiro de 1950.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Unicamente Animal Farm está traducido ó galego por Antón López Dobao. Foi publicada por Edicións Positivas en 1992 como A revolta dos animais. Unha historia fantástica.

Libros[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

Poemas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=George_Orwell&oldid=5083420"