Giosuè Carducci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Giosuè Carducci
Nobel prize medal.svg
Giosuè Carducci3.jpg
Nome completoGiosuè Alessandro Giuseppe Carducci
Nacemento27 de xullo de 1835
 Pietrasanta
Falecemento16 de febreiro de 1907
 Boloña
SoterradoCertosa di Bologna
NacionalidadeReino de Italia
EtniaPobo italiano
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade de Pisa
Ocupaciónescritor, poeta, xornalista e político
PremiosPremio Nobel de Literatura
editar datos en Wikidata ]
Giosuè Carducci

Giosuè Carducci, nado en Valdicastello, na Toscana, o 27 de xullo de 1835 e finado en Boloña o 16 de febreiro de 1907, foi un poeta italiano. Foille concedido o premio Nobel de Literatura en 1906.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun médico rural. Pasou a súa infancia na rexión de Maremma antes de trasladarse a Pisa en 1853, onde estudou Filosofía e Letras na Universidade. Logo de exercer de profesor en diferentes centros docentes, de 1860 a 1904 foi profesor de literatura italiana na universidade de Bolonia, cátedra que mantivo durante 42 anos.

Oposto ao papado, á monarquía e ao sentimentalismo que dominaban a literatura italiana do seu tempo, foi o primeiro poeta que adaptou con éxito os metros clásicos latinos á poesía italiana moderna. En toda a súa obra son notorias a afirmación da súa personalidade, a súa rebeldía e incorformismo -sobre todo na súa época xuvenil- e o seu anticlericalismo militante.

A súa primeira colección de versos foi Juvenilia (1856-1860), á que seguirían Levia Gravia (1861-1871), Giambi ed epodi (1867-1879), Rime nuove (1871), Odi barbare (1877-1889), Rime e ritmi (1890-1897), Intermezzo (1874-1886), La canzone dei Legnano (1879), Ça ira (1883) e Primizie e reliquie, publicada póstumamente en 1928.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Giosuè_Carducci&oldid=4934212"