Godofredo II da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Godofredo II
Duque da Bretaña
Geoffrey2.jpg

Reinado xullo de 118119 de agosto de 1186
Nacemento 23 de setembro de 1158
Falecemento 19 de agosto de 1186 (27 anos)
París, Francia
Sepultura Catedral de Notre-Dame de París
Predecesor Constanza da Bretaña
Sucesor Constanza da Bretaña
Cónxuxe/s Constanza da Bretaña
Descendencia Leonor, Matilde e Artur
Casa real Casa de Plantagenet/Angevin
Proxenitores Henrique II de Inglaterra
Leonor de Aquitania

Godofredo II da Bretaña (en bretón: Jafrez; en latín: Galfridus, en anglonormando: Geoffroy) naceu en Londres, o 23 de setembro de 1158, e morreu en París o 19 de agosto de 1186.[1][2] Era o cuarto fillo home de Henrique II de Inglaterra, duque de Normandía e conde de Anjou, e da súa esposa Leonor de Aquitania. Foi duque da Bretaña en nome da súa prometida Constanza da Bretaña.

O duque da Bretaña Conan IV subtraeu o poder ó seu titor Eon de Porhoët grazas ó apoio do rei de Inglaterra. Pero esta rivalidade, así como a intervención de Henrique II, provocaron as rebelións sucesivas de moitos das súas vasalos, dirixidos por Eon e os príncipes de León. Proclamado duque en 1156, tivo que abdicar en 1166 cando Henrique II invadiu a Bretaña e, á cabeza dunha armada, arrasou as vilas insurrectas. Para controlar mellor a Bretaña, Enrique II comprometeu a dous nenos: o seu fillo Godofredo (13 anos), e a herdeira Constanza (10 anos), filla de Conan IV. Henrique II fíxose nomear rexente do ducado até a maioría de idade de Godofredo.

Morte[editar | editar a fonte]

O matrimonio de Godofredo e Constanza produciuse en xullo de 1181, pero o poder efectivo de Godofredo foi breve porque faleceu accidentalmente durante un torneo no que participou, en París (Francia) —onde se refuxiou logo de rebelado contra o seu pai, o rei Henrique II—, o 19 de agosto de 1186, ós 27 anos de idade, sendo enterrado na Catedral de Notre Dáme.[3][4] Porén, tivo tempo de ordenar a redacción, por unha asemblea de xuristas (1185), dun texto xurídico, Assise au Comte Geoffroy, mediante o cal trataba de limitar a división dos grandes feudos, o que lle valeu o favor dos baróns.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio naceron 3 fillos:

Legado[editar | editar a fonte]

O novo rei de Inglaterra, Ricardo Corazón de León, continuou coa política paterna de suxeición da Bretaña e apresou á duquesa en 1197 en Carhaix. Os bretóns reaccionaron e derrotaron á súa armada, motivo polo cal Artur I da Bretaña foi confiado ó rei de Francia, Filipe Augusto, a fin de garantir a súa seguridade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marie-Aline de Mascureau, Chronologie, primitivement publiée dans Aliénor d’Aquitaine. Revue 303, hors-série 81, p. 218-223, Nantes 2004, in Edmond-René Labande, Pour une image véridique d’Aliénor d’Aquitaine, réédité avec une préface de Martin Aurell par la Société des antiquaires de l'Ouest-Geste éditions en 2005. ISBN 2-84561-224-9
  2. Mascureau, obra citada,p.142
  3. D’« une dysenterie succédant à l’accident», selon Dom Lobineau (Histoire de Bretagne, Palais Royal, 1973, I, p. 171, CLVIII).
  4. Arthur de La Borderie « Le règne de Geoffroy II »
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Godofredo_II_da_Bretaña&oldid=4942522"